Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Charla: Que non te líen, ti elixes

Nestes días tivemos a sorte de contar coa  charla impartida por José Ángel Lorenzo, Secretario Xeral do Cluster do granito de Galicia, dentro do  programa educativo  “Que non te líen, ti elixes” para os cursos de 3º e 4º de ESO. Aquí vos compartimos unha mostra:

Conmemoramos o 25 - N

Para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, vos deixamos coas propostas de lecturas que podedes atopar no corredor da nosa escola: Así mesmo, fixemos actividades moi variadas na nosa escola: Fixéronse portas temáticas, e   os nenos e nenas de 5º realizaron uns increíbles poemas e audiopoemas que podedes escoitar premendo nas iconas:   Ruth, alumna de 3º da ESO quere compartir unha presentación que fixo sobre o 25N na materia de oratoria: https://www.canva.com/design/DAF0UmwOGWM/eSW5cuB9dzFPsrLMdxIpZA/view?utm_content=DAF0UmwOGWM&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=editor

Thanksgiving en 5º de EP

Este 23 de novembro, celébrase Thanksgiving e na clase de 5º de EP traballamos esta celebración dende a materia de ARTS & CRAFTS. A nosa auxiliar de conversa, Ryan, explicounos a actividade e que significaba este día. Así mesmo, indicounos os pasos que debíamos seguir para debuxar uns pavos coma os que veredes nuns instantes. En cada unha das plumas, os cativos e cativas escribiron aquelas persoas, cousas... as que eles lles dan grazas: mamá, papá, avós, irmáns, familia, mestres, veciños.... Sentíronse moi afortunados e fixeron un gran traballo! 😁 Mirade cómo traballaron e o resultado final: 

O Magosto

  O venres pasado celebrábamos no noso centro o tradicional magosto. Cativos e cativas puideron desfrutar dunha degustación de postres que fixeron as familias, así como das tradicionais castañas. Foi un día repleto de xogos: carreira de sacos, tiro á corda.... e tamén da entrega de premios dos diferentes concursos: GAÑADORES E GAÑADORAS: Texto e/ou poema de outono : Arya de 3º EP e Hugo de 5º EP Debuxos de outono: Pablo de 4º EP e Alexia de 1º EP Debuxo Samaín : Pablo M. de 1º ESO B Texto de terror : Leo de 2º EP, Pablo de 4º de EP e Pablo de 2º ESO B Máscaras terroríficas : Alexia de 1º de EP, Sabela de 2º EP e Daniela de 4º de EP Cabazas :  a que máis medo da: Enzo de 2º EP  a cabaza máis orixinal: Nael e Daniela de 4ºde EP  a máis traballada: Miguel de 4º de EP e Sergio de 3º ESO  Portas terroríficas: A que máis medo da: 6º EP A máis elaborada: 2º EP A máis orixinal: 2º ESO B Noraboa a tod@s!

Obradoiro de papiroflexia

  No día de hoxe, os nenos e nenas puideron acudir á biblioteca para facer un obradoiro de papiroflexia. Estiveron moi atentos e crearon uns marabillosos colibrís. Moitas grazas profe Chelo por impartir este fantástico obradoiro. Mirade:

Reto 3: Gotas de vida + obradoiro de papiroflexia

Dende a biblioteca escolar queremos aportar o noso grao de area facendo colibrís con papiroflexia e contándovos a fábula dun paxaro chamado colibrí, que é a imaxe da campaña do día mundial do retrete que se celebrará o día 19 de novembro. Queremos celebrar este día xa que o saneamento e a auga potable son dereitos humanos, o acceso a estes servizos é fundamental para a saúde humana. Fábula do pobo quechua do Perú: "«Certo día declarouse un incendio no monte e todos os animais fuxiron disparados. Con todo, tras poñerse a salvo, quedaron pasmados contemplando as chamas, sumidos no terror e a tristura. Por encima das súas cabezas, unha colibrí ía e viña do lume, unha e outra vez. Os animais máis grandes preguntáronlle á colibrí que estaba a facer. —Voo ao lago a por auga para axudar a apagar as chamas. Os animais botáronse a rir e exclamaron: —Ti soa non podes extinguir o incendio! —É certo —contestou a colibrí—, pero estou a achegar o meu gran de area». A lenda anímanos a “ser o cam

Encontros Digital Week co alumnado de 6º EP

  O pasado mércores 8 de novembro o grupo de sexto de primaria foi invitado a participar nos Encontros dos centros participantes da Digital Week! Desfrutaron dun obradoiro de robótica con Mbots e dunha interesante conferencia de investigadores científicas como Déborah García Bello e Manuel Vicente, Mirade  :👀

Horto con Somos Terra. Mes de Novembro

  E volvemos ao horto, e neste curso iniciamos coas seguintes actividades: 1º EP: plantación e presentación da horta 2ºEP: limpeza e plantación  3º EP: limpeza e plantación de repolos 4º EP:  limpeza e preparación da terra  5º EP: banco de sementes e limpeza. Plantación de coliflor  6º EP: colleita e plantación de cenorias e cebolas  Mirade 🤓:

Estacións terroríficas en 4º EP

  E nesta ocasión tocoulles o turno aos cativos e cativas de 4º de EP. As estacións terroríficas  foron: 🎃 Robótica terrorífica 🎃 Speed Cups Samaín 🎃 Acentuación terrorífica 🎃 Que teño no coco?   🎃   Fantasma Blitz       Pasárono de medo!  Botade unha ollada 👀

Estacións terroríficas en 2º EP

  E hoxe tocoulles o turno aos cativos e cativas de 2º de EP. Nesta ocasión as estacións terroríficas foron: 🎃 Robótica terrorífica 🎃 Speed Cups Samaín 🎃 Retos terroríficos 🎃 Que teño no coco? Pasárono de medo!  Botade unha ollada 👀

Estacións terroríficas en 1º EP

  Nesta ocasión as estacións terroríficas leváronse a cabo cos nenos e nenas de 1º de EP. As  estacións que estiveron en marcha foron: 🎃 Robótica terrorífica 🎃 Speed Cups Samaín 🎃 Palabras terroríficas 🎃 Que teño no coco? Botade unha ollada 👀

Gañadores dos concursos de Samaín

  E velaquí vos deixamos cos gañadores de cada unha das categorías: PARABÉNS, RAPAZADA!👏