Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2024

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏

Emocións: del revés

  Nesta última semana, nenos e nenas de 5º EP traballaron as emocións a través dos personaxes da película Del revés: alegría, tristeza, asco, medo, aburrimiento, envexa, ira e vergoña. Fixeron este gran mural que poderedes a topar na entrada da escola 👇

8 Xuño - Día Mundial dos Océanos

O 8 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial dos Océanos , a cal é unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos no planeta. O obxectivo é recoñecer a importancia dos océanos para todas as especies, xa que representan a parte principal do planeta e son os responsables de xerar gran parte do osíxeno . O lema deste ano 2024 é  "A ciencia que necesitamos para o océano que queremos". Dende a escola propuxemos as seguintes lecturiñas, as cales vinculamos tamén co Día Mundial do Medioambiente: Para seguir traballando este día de forma especial convidamos aos cativos e cativas de 6º de EI de EEI Dunas e fixemos un obradoiro mariño con 1º e 5º de EP. Mirade:

Arts: Keith Haring

  Os cativos e cativas de 5º de EP estiveron aprendendo na materia de arts & crafts sobre o artista Keith Haring. As obras deste pintor reflicten a xeración pop e a cultura dos anos 80. Vos deixamos cunha pequeña representación:

Recomendacións de xogos para o verán

Xa sabedes o que nos gusta xogar no cole e a cantidade de xogos que podemos atopar na biblio e desfrutar nas quendas de recreo. Polo que vos deixamos algunhas recomendacións de xogos recén chegados á biblio neste curso escolar.  Disfrutade e xogade moito!  

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Proxecto: crea o teu circuíto con plastilina

  Os nenos e nenas de 5º de EP fixeron os seus últimos proxectos de naturais sobre circuítos creados con plastilina. Nas clases de naturais estiveron aprendendo sobre as máquinas e a electricidade, as cargas eléctricas, a corrente eléctrica e os circuítos eléctricos. Fixeron unha marabilla de proxectos e vos deixamos a mostra. Premede en cada unha das iconas: Bo traballo rapazada!

Come local

  Os cativos e cativas de 5º e 6º de EP pudieron ser partícipes dunha charla de Come Local, onde o obxectivo clave era promover os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade. Foi interesante coñecer os produtos que están próximos a nós.

Agasallo: Un hogar para regaliz

  E hoxe recibimos con especial agarimo un agasallo dan man de Alfredo Blanco, autor de Un hogar para regaliz. Trátase dun conto baseado en feitos reais que acuda a concienciar sobre o abandono, o maltrato animal e a diversidade familiar.  Regaliz, busca un final feliz ao longo da súa historia. Gustaríache coñecelo?  Próximamente estará dispoñible na biblio. 👇💗 Mil grazas a Alfredo, polo libro, e  profe Rubén pola xestión

As maquetas das fontes de enerxía

  Os cativos e cativas de 5º de EP estiveron aprendendo cousas sobre a enerxía: que é, que tipos de enerxía hai, cales son as fontes de enerxía renovables e non renovables…. Fixeron unhas maquetas increíbles sobre as distintas fontes de enerxía que vos compartimos a continuación: Bo traballo, rapaces!👏😁

Un día polo horto. Mes de maio

  E xa chegamos ao final de curso da nosa actividade do horto con SOMOS TERRA. Nesta ocasión o alumnado lembrou como se facía o apichi para espantar os caracois da nosa norteña. Limparon e prepararon a terra, abonaron e montaron as estruturas. Despois, plantaron un tagete que nos protexe a horta da plagas e favorece a polinización, remolachas, pepinos, calabacíns… Incluso chegaron a probar chícharos. Mirade 👇:

Visitamos a Biblioteca de Nigrán

  O pasado mércores día 29, o alumnado que pertence ao club de lectura fixo un percorrido andando dende o noso centro ao Concello de Nigrán e á Biblioteca Municipal. Agradecemos ao Concello de Nigrán a súa colaboración. Tamén dar grazas á bibliotecaria da Biblioteca Municipal, que nos acompañou durante a visita aos distintos espazos da mesma. Como remate a bibliotecaria agasallou a todo o alumnado cunha lectura na terraza da biblioteca.

Obradoiros de Convive+

  Un ano máis, contamos con Jeni e os seus obradoiros para ir un pouco máis aló das emocións a través de 3 obradoiros, recibidos polos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP: Falarnos mellor Empatía Xestión emocional  A través deles o alumnado puido por en práctica a través de diversos xogos a empatía e a xestión emocional, de cara a ser moito máis asertivos no día a día. e así aprender a falar mellor. Moitísimas grazas, Jeny @convive.mais por todas as aprendizaxes! 😊😊😊

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res

Roteiro Literario por Panxón: A praia dos afogados

O día 28 de maio, realizouse un roteiro literario por Panxón denominado "A praia dos afogados" en honra a Domingo Villar e en colaboración co Concello de Nigrán. Neste roteiro participaban os alumnos e alumnas da LIÑA 1 do Club de Lectura. Agradecer á guía, Rosa, o seu traballo de divulgación do legado de Domingo Villar e por facernos ver, coñecer e recoñecer a marabillosa paisaxe que temos ao redor do noso centro educativo.

ODS 2030

  No día de hoxe, os rapaces e rapazas de sexto de primaria estiveron traballando e reflexionando sobre os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) 2030 . Para isto, elaboramos un mural cos obxectivos en forma de lapelas. Así, o alumnado, por parellas, debía colocar nestas lapelas as súas ideas e suxerencias para contribuir cos ODS.  Por exemplo: no caso do obxectivo producción e consumo responsable, unha das ideas que colgaron foi non mercar alimentos que non imos consumir próximamente, polo cal reducimos o consumo. Posteriormente, o resto de alumnado de ESO e primaria pode contribuir cas ideas/suxerencias para contribuir aos ODS e conseguir encher as lapelas.

Saída: FP Innova

O pasado 24 de abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO foi á Santiago de Compostela, concretamente á Cidade da Cultura, ao Congreso de Innovación na Formación Profesional , chamado FPInnova . Con esta visita, o alumnado puido coñecer máis de preto as actividades que se están a realizar na FP. Vos deixamos cunhas fotiños:

Charlas plan director: Acoso escolar / bullying

  Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP e 1º e 2º ESO recibiron unha charla sobre o bullying ou acoso escolar, incluída dentro do Plan Director. Falaron sobre o que é acoso escolar, como afecta á vítima e aos agresores, os tipos de acoso que se poden producir, que é o punto laranxa… Foi unha xornada de reflexión.

9 maio - Día de Europa

  Ao longo destas semanas os cativos e cativas de EP estiveron traballando o Día de Europa que se conmemora cada 9 de maio para celebrar a paz e a unidade en Europa. Na escola estivemos facendo varias actividades que vos amosamos a continuación: Mural con algúns monumentos emblemáticos. Nel colocaron os nomes dos países e as bandeiras dos mesmos. Lapbooks dos diferentes países que conforman a Unión Europea Debuxos: Vos deixamos con este vídeo resumo:

Luísa Villalta no Porto do Molle

No día de hoxe, os nenos e nenas de 1º e 3º de EP fomos invitados polo Concello de Nigrán a un contacontos celebrado no muíño do Porto do Molle. Contáronnos todo sobre Luísa Villalta a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas. Foi moi ameno porque nos fixe ron participar e o pasamos moi ben. Mirade:

Os xogos de mesa mudaron

  Esta semana os xogos de mesa da nosa biblioteca mudaron de sitio: teñen un moble só para eles! 💙 Están clasificados por idades, competencias e funcións executivas. Se non sabes se o xogo se adapta a túa idade, tes un libriño onde están organizados por idades e cursos. Se queres vir a probalos e xogar, a biblio permanece aberta nos recreos e as tardes dos mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas. Lembra que non se realiza empréstito para casa.😉

Visita ao Concello

  O pasado martes, os nenos e nenas de 4º e 5º de EP foron de excursión ao Concello de Nigrán. Alí agardábanos Bibiana,  concelleira de Servizos Sociais, que nos ensinou todos os recunchos do antigo e do novo Concello. Entre eles: Sala de plenos: onde os cativos e cativas fixeron un pequeno debate para poñerse no papel do alcalde, os concelleiros e os contrarios. Servizos municipais Concellerías: cultura, urbanismo, servizos sociais... Despacho do alcalde e dos diferentes concelleiros A zona dos arquivos A Policía Sen dúbida, foi unha xornada de moitas aprendizaxes. 💙 Vos deixamos cun vídeo resumo do noso día:

Formación: exames adaptados e creación de materiais

No día de onte, o equipo docente do CPI recibiu a formación en adaptación e creación de materiais con Canva a cargo da nosa compañeira Antía Collazo Dacosta.  Moitas gracias Antía por compartir connosco o teu coñecemento! 😊 Moi agradecidos coa túa labor!