Ir al contenido principal

Intercambio con Manchester

 

Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School.
Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos.
Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,...
Ao longo da semana visitaron: 
  • O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,...
  • Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre.
  • Chill Factore, a cal é unha pista de esquí cuberta.
  • Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas.
A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou.
Vos deixamos este pequeno resumo, aínda que maior é a experiencia e entusiasmo dos cativos.
Moitas grazas aos cativos e as profes de St. Catherine's! 💙💙💙


Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏