Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O mes de outubro é o mes internacional das bibliotecas escolares. Esta declaración foi aprobada pola International Association of School Librerianship (IASL) en decembro do 2007. Ao igual que outras moitas escolas de todo o mundo o CPI de PANXÓN quere commemoralo con algunhas actividades o día 24, para iso o alumnado está a traballar sen parar, investigan, memorizan, len, representan......seguro que será un gran día para que os nosos nenos/as aprendan a valorar a lectura. A Consellería de Educación ven de editar un cartaz para tan especial ocasión, e o lema escollido este ano foi: “Biblioteca Escolar – Acelerador de Innovación”

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2012: MO YAN

Mo Yan (Gaomi, Shandong, 17 de febreIro de   1955) é un escritor chino contemporáneo. "Mo Yan", que significa "non faes" en chino é un seudónimo. O Seu verdadero nome é Guan Moye . En Occidente é coñecido principalmente pola adaptación   cinematográfica dunha das suú novelas, que, co título de Sorgo rojo, levou a cabo o director Zhang Yimou. Comparouselle en ocasións   con Franz Kafka. As súas obrasforon traducidas a numerosas linguas, incluindo o inglés, o francés, o alemán e o español. O 11 de outubro de 2012 foi galardonado co premio Nobel de Literatura Biografía Naceu na provincia de Shandong, nunha familia de granxeiros. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha fábrica de   petróleo. Alistouse no  Exército Popular de Liberación, as actuais   forzas armadas do seu país, aos vinte anos, e empezou a escribir   sendo todavía soldado. En 1981 publicou a súa primeira novela, "Choiva nunha noite de primaveira". En 1984

LIBROS CLÁSICOS

Proyecto Andersen é unha biblioteca de libros clásicos, do ITE Ministerio de Educación, cuxo autor é Antonio Javier Jareño Alarcón, para alumnos/as de primaria e primeiros anos de secundaria. 48 libros son os presentados nesta aplicación, entre eles:  Oliver Twist, La Isla del Tesoro, Don Quijote, Peter Pan, Sandokán, Drácula, 20.000 leguas de viaje submarino, Corazón, Robinson Crusoe, Príncipe y Mendigo, El libro de la Selva, Kim, Colmillo Blanco, y otros. Inclue capítulos das obras en formato flash, bloc de notas para tomar apuntes durante a lectura, exercicios, actividades de comprensión lectora, sinopse do libro. Adeaiás o recurso, reún curiosidades acerca das obras, un espazo dedicado á biografía dos grandes autores, guía para alumnos/as e guía para profesores/as. Pódese descargar dende a páxina do ITE , ou pode ser utilizado online.