Ir al contenido principal

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O mes de outubro é o mes internacional das bibliotecas escolares. Esta declaración foi aprobada pola International Association of School Librerianship (IASL) en decembro do 2007.
Ao igual que outras moitas escolas de todo o mundo o CPI de PANXÓN quere commemoralo con algunhas actividades o día 24, para iso o alumnado está a traballar sen parar, investigan, memorizan, len, representan......seguro que será un gran día para que os nosos nenos/as aprendan a valorar a lectura.

A Consellería de Educación ven de editar un cartaz para tan especial ocasión, e o lema escollido este ano foi:
“Biblioteca Escolar – Acelerador de Innovación”

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

HORA DE LER

Hoxe foi o primeiro día que o sol deixou asomar unha primavera que todos votabamos de menos. Para celebralo , deixamos a aula para facer a hora de ler no patio. Unha boa idea que seguro repetiremos.