Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

IMAXINA CANTARES¡¡

Iniciativa arredor do Día de Rosalía e a celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O certame Imaxina Cantares! está dirixido a alumnado dos centros públicos coordinado por profesorado pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega que, sempre que o traballo presentado acade os mínimos de calidade esixidos polo xurado, recibirá 8 horas de formación permanente. Ademais, para os mellores traballos establécense dous premios, un primeiro de 300 euros e un segundo de 200, en cada unha das tres categorías contempladas: educación infantil e primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais. Está convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Convida o alumnado a reinterpretar o significado dos versos de Cantares Gallegos

NARRADORES QUE CONTAN: "UN TERRIBLE ACCIDENTE"

De novo unha historia de Sandra, unha incipiente escritora que desfruta inventando argumentos. "As drogas e o alcohol son substancias fatídicas que provocan efectos nefastos na nosa vida coitá. Pode resultar tópico, pero é a verdade: as drogase o alcohol  non só perxudican a  os que a consumen. Por iso escribín esta historia, para demostraros que o amor non nos pode salvar dos erros da vida, se sembras recollerás, se consumes alcohol ou drogas, as consecuencias poden ser terribles. Reflexionade sobre isto mentras ledes esta historia, que vos fará estremecer". Open publication - Free publishing - More education

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Iniciamos a páxina de recomendación lectoras e neste estreo, dúas grandes lectoras de 6º de EP, Iria Sanromán Rodríguez e Patricia Pérez fernández, quixeron expoñernos os seus motivos para que leamos os seguintes libros. Fixerono así de ben.     "Canciones para Paula" recomendado por Iria Sanromán Rodríguez     "Quantic Love" recomendado por Patricia Pérez Fernández:  

ENTROIDO....SOSTIBLE 13

CARTAS DE AMOR

Unha das actividades relacionadas co Día dos enamorados, foi a proposta de que redactarades  unha carta a un suposto amor. Tal e como se propuso as cartas publicadas son anónimas ou con firmas inventadas. Alegranos  saber que sodes capaces de falar de amor sin que iso paralice a vosa pluma. Enhoraboa polo esforzo. Esperamos que estas no sexan as últimas palabras de amor que pronunciedes nas vosas vidass, que sepádes amar e que sepádes expresar os vosos sentimentos. Open publication - Free publishing - More news

TESTEMUÑAS

Con motivo da celebración do Día da paz alumnos de 1º de ESO estiveron recollendo testemuñas de familiares que poideran recordar algunha anécdota ou experiencia vivida durante a Guerra Civil. A través das súas palabras podemos facernos unha idea do que a guerra supuxo nas súas vidas.  

AMOR ENTRE LIÑAS

Dende o Departamento de Lingua para que a vosa creatividade conxuguese co sentimento e logres crear cartas de amor . Para que poidades ler exemplos cos que inspirarte ou, polo  menos guiar a túa pluma, engaden este ISSUU. Open publication - Free publishing - More education  

LENDO SOBRE O AMOR NO CPI

LEMOS O AMOR - diapositivas O NOSO EXPOSITOR DE LECTURAS SOBRE O AMOR

ENTROIDO ECOSOSTIBLE 2013

O Entroido no CPI converteuse nunha homenaxe as enerxías, durante semanas toda a comunidade educativa traballou arreo para poder realizar o desfile que tiñamos previsto. Dirixidos por Antonio construímos tres carrozas nas que se representaban diversos motivos relacionados coa temática do proxecto, así nunha carroza representábanse a enerxía eólica e a natureza en estado puro. O alumnado e profesorado por suposto disfrazouse das temáticas curriculares que desenvolveron nos diferentes cursos así a Escola de Educación Infantil anexa ao noso centro e 2º de EP disfrazáronse de horta ecolóxica como tomates, zanahorias, berenxenas…etc, 1º de primaria de froitas, o 2º ciclo de fenómenos atmosféricos como choiva, neve, raios,..etc, 5º de primaria de ecosistema marítimo así atopabámonos con medusas, mexillóns, algas, planton…6º de enerxía solar, eólica, térmica, mareomotriz…. A Secundaria tamén participou traballando e elaborando os seus propios disfraces, os de 1º de ESO foron de contenedor

OS NOSOS TRABALLOS DA PAZ...SOSTIBLE

  O NOSO ÁRBORE DA PAZ  SECUNDARIA O corredor de Secundaria está adornado coas xigantes pombas que elaborachedes con cartóns reciclados e que oego, con increíble pacenza, pintachedes, e retocachedes. O resultado foi moito mellor do que  imaxinamos. Felicitación aos que colaborachedes de 3º e 4º. 4º ESO " A PAZ SE CONSTRÚE ENTRE TODOS" O alumnado de 4º da ESO elaborou un puzzle dunha pomba da Paz e o día 30 todos os alumnos/as da ESO aportou unha parte dese puzzleque previamente cada un deles pintara e foron construindo a súa Pomba da Paz, pretendian con este acto demostrar que a Paz so poderá ser constuida coa unión de todos/as. O resultado foi esta magnifica pomba como homenaxe a Paz. COMIC DA PAZ CON "PANXEOLO"                                               Open publication - Free publishing - More informative  1º DE ESO Os alumnos/as de 1º deseñaron un mural coa profesora de lingua castelá "Hola paz, adiós guerra"