domingo, 31 de enero de 2016

ACTO DE ENTREGA DOS PANXÓNNOBEL

O acto de entrega dos PanxónNobel celebrouse tal e como estaba previsto o día 29 as 10 da mañan, comezamos coa lectura realizada polo alumnado de 1º e 2º do libro creado por eles sobre o que é a PAZ.


A continuación o alumnado de 3º e 4º de Primaria recitaron os POEMAS que atoparon NA SÚA INVESTIGACIÓN na biblioteca e escribiron na plantilla en forma de man. Poemas de Elvira Lindo, Gloria Fuertes, Rafael Alberti, .....)










Despois o alumnado de 5º e 6º de Primaria, fixo a presentación dos premios nóbel sobre os que realizaron a sua investigación.
Finalmente entregamos os PanxónNobel, por segundo ano consecutivo cada clase de primaria tivo que propoñer a un compañeiro/a que merecera obter O PanxónNobel da Paz. O obxectivo foi que os nosos alumnos/as recoñeceran que a paz está nas nosas mans e que todos/as podemos contribuír cos nosos xestos e actitudes a que iso sexa posible.


Entrega dos PanxónNobel da paz

Os alumnos/as premiados/as co PanxónNobel da PAZ 2016 foron:

1º de Educación Primaria: AROA OTERO PEREIRA
2º de Educación Primaria: ÁNGEL CALLEJA SANROMÁN
3º de Educación Primaria: DANIEL PIÑEIRO FERNÁNDEZ

 4º de Educación Primaria: ERIKA CEA FERNÁNDEZ

5º de Educación Primaria: YOHANA FIGUEROA CAMESELLA
 6º de Educación Primaria: RAFAEL MÁRQUEZ OLIVEIRA

O acto rematou coa interpretación polo alumnado de secundaria da canción:
 
FELICIDADES E SEGUIDE TRABALLANDO EN PROL DA AMISTADE E A  PAZ¡¡¡¡

viernes, 29 de enero de 2016

3º e 4º - QUE VIVA A PAZ¡¡¡ TRABALLOS 15-16

O alumnado de 3º e 4º de Primaria, realizaron lecturas de poemas de Paz. investigaron nos libros de poesía na biblioteca, tiveron que encontrar poemas que falaran dos valoes da PAZ e dos sofrementos da guerra, logo os poemas atopados nunha plantilla na que estaba representada unha man. Co traballo que fixeron elaboramos un libro de poemas da PAZ que formará parte da nosa biblioteca e ademais as mans formaron parte do mural que puxemos no corredor da pranta baixa. Finalmente aprenderon os poemas e os recitaron no acto de entrega dos PAnxónNobel.





1º e 2º - QUE VIVA A PAZ¡¡¡ TRABALLOS 15-16

1º e 2º de PRIMARIA
Os alumnos/as de primeiro e segundo de primaria, durante esta semana aprenderon que a Paz non é so impedir as guerras e para iso leron diferentes libros como o deTodd Parr, logo fixeron un obradoiro de escritura e crearon o seu propio libro da PAZ coas aportacións de cada un , reducíndoas a unha soa frase acompañada dun debuxo.
O seu libro da PAZ podedes lelo a continuación.


martes, 26 de enero de 2016

Programación Espazo Lectura: febreiro

Nota informativa coa programación de actividades do que queda do mes de xaneiro e comezos de febreiro de 2016 de Espazo Lectura.



lunes, 18 de enero de 2016