Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

DÍA DO LIBRO: AGASALLO Á BIBLIOTECA 4º PRIMARIA

MES DO LIBRO: OBRADOIROS DE LECTURA

Ao longo dete terceiro trimestre os alumnos/as de 4º de primaria, fixeron un día a semana, os luns, obradoiros de lectura na biblioteca. Tiveron que elixir un libro en calquera lingua, castelán, galego, inglés...é unha vez lido tiñan que facer unha exposición  co obxectivo de crear a necesidade aos compaññeiros de lelo. Podían presentalo con títeres, disfrazados, murais explicativos, teatro...). 

MES DA POESÍA: ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

VISITA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O día 27 de marzo tivemos a sorte de contar no noso centro para culminar o mes da Poesía coa Visita de Antonio Gracía Teijeiro, premio nacional de Literatura infantil e xuvenil 2018. Antonio falounos da súa vida, de como comezou a escribir poesía, do apoio da súa muller e dos seus libros, especialmenete, "Poemar o mar" e "Na fogueira dos versos". O acto foi presentado pola alumna de 4º de primaria, Inés Román, gañadora o curso pasado do concurso de recitado poético.  O poeta fixonos recitar conxuntamente á comunidade educativa alí presentes poemas seus, puxolle voz a un monicreque chamado"Martiño" como a personaxe do seu libro e recitou tres poemas de "Na fogueira dos versos" do que é autor. Dous alumnos de secundaria Edgar san Román e Yerout Fernández, rapearon dous poemas deste libro como agasallo ao autor. Ao final do acto asinou os seus libros a todo o alu,mnado, profesorado e biblioteca do centro. Moitas gracias Antonio polo teu bo fa