Ir al contenido principal

VISITA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O día 27 de marzo tivemos a sorte de contar no noso centro para culminar o mes da Poesía coa Visita de Antonio Gracía Teijeiro, premio nacional de Literatura infantil e xuvenil 2018. Antonio falounos da súa vida, de como comezou a escribir poesía, do apoio da súa muller e dos seus libros, especialmenete, "Poemar o mar" e "Na fogueira dos versos". O acto foi presentado pola alumna de 4º de primaria, Inés Román, gañadora o curso pasado do concurso de recitado poético. 
O poeta fixonos recitar conxuntamente á comunidade educativa alí presentes poemas seus, puxolle voz a un monicreque chamado"Martiño" como a personaxe do seu libro e recitou tres poemas de "Na fogueira dos versos" do que é autor. Dous alumnos de secundaria Edgar san Román e Yerout Fernández, rapearon dous poemas deste libro como agasallo ao autor.
Ao final do acto asinou os seus libros a todo o alu,mnado, profesorado e biblioteca do centro.
Moitas gracias Antonio polo teu bo facer, esperamoste o vindeiro curso tal e como prometiches.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏