Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2012

DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Este ano tamén quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas discapacidades, e c on un pouco de adianto xa que ata o día 3 de decembro non se conmemora O Día Mundial da Discapacidade, celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o departamento de orientación e o equipo de biblioteca organizaron unha sensibilización xunto coa   Confederación Galega de Persoas con Discapacidade  (COGAMI) Así que hoxe 29 de novembro, en dúas sesións a primeira adicada a 3º da ESO e a segunda sesión a 4º da ESO, Francisco Traballador social de COGAMI e Moncho voluntario con lesión medular imapartiron unha charla de PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES no colexio.    Francisco explicou aos nenos o que era unha lesión medular e o que implicaba así como as súas causas mais comúns, mentres Moncho ía puntualizando coa súa propia experiencia as palabras do seu compañeiro, contounos como foi o seu accidente e todo o que implicou para el esta lesión Comprendemos que, fora de días internacionais e leis

RECOMENDACIÓNS LECTORAS KUENTALIBROS

Se non sabes que ler este Nadal pincha na imaxe e elixe algunhas das suxerencias que dende Kuentalibros fannos chegar, contén suxerencias tanto para todas as idades.    ¡¡¡¡ NON DEIXES DE MIRAR ESTA GUÍA¡¡¡¡

PREPARANDO OS EXAMES

Nesta sinxela guía que  preparamos co DO tes consellos para ter en conta ANTES dos exames. Tamén  ofrecemoste algunhas pistas que poden ser útiles DURANTE a realización dun control. Lédeas con atención xa que, dependendo do tipo de exame que te poñan, terás que utilizar distintas estratexias. No texto que segue damoste tamén algunhas suxerencias para DESPOIS do exame e para que saibas como te conven actuar se as cousas non te foron todo o ben que esperabas. Tamén podes descargarte o cadro que figura ao final do documento para que organices os teus repasos durante estes días nos que preparas os próximos exames.¡Moito animo! Se queres, podes consultar esta pequena guía que preparamos  pulsando na imaxe para ampliala:   Open publication - Free publishing - More informative

OPERACIÓN QUILO

Estamos a realizar no centro unha campaña de recollida de alimentos que entregaremos aos servizos sociais do Concello que traballan con persoas desfavorecidas. Tratamos con isto de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda, mais necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias que sofren por iso grandes dificultades. Open publication - Free publishing - More informative

TRABALLOS ALUMNADO : VIOLENCIA DE XÉNERO

1º ESO Violencia de género Publish at Calameo or read more publications . 2º ESO    Open publication - Free publishing PRIMARIA 1º EP : UN mural coas súas apreciacións

ANIMALES MUY PECULIARES

Os alumnos/as de 1º ESO estiveron a traballar a descripción en Lingua Castelá. Alguns deles atoparon na natureza e no mundo animal unha fonte inagotable para este tipo de texto. Durante longos días ocultaronse en inhóspitos lugares para presentarvos animais dos que non tiñamos nin a menor idea da súa existencia. Animais vidos de paraxes lonxanos e con cualidades e costumes moi extrañas. Deixamosvos coas súas investigacións para que a vosa cultura sobre a fauna aumente. Animales muy peculiares Publish at Calameo or read more publications .

25 DE NOVEMBRO : DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A violencia de xénero é a máxima e máis cruel manifestación da relación de desigualdade entre homes e mulleres na sociedade. É un problema social de primeiro nivel e por desgracia de máxima actualidade. Por iso no CPI  de Panxón apostamos decididamente pola sensibilización/educación  do noso alumnado como solución a medio prazo desta grave lacra social.  A continuación presentamos a programación de actividades que se desenvolveran no centro os días 22, 23 e 26 de novembro. Open publication - Free publishing - More informative

O MAGOSTO

A semana pasada celebramos o magosto no colexio e traemos un video para que os máis pequenos coñezan en que consiste e de onde vén a tradición do magosto.  Ademais o ENDL do CPI Progreso d eCatoira fixo unha recompilación de recursos que podes ver aquí , damoslles as grazas por compartilo con todos nós.

LOBOFEROZ NA EEI "AS DUNAS"

O alumnado de 5º de EP despois do éxito cosechado o día 24 de outubro na c elebración do día Internacional  das Bibliotecas escolares, decidirón facer un pequeno agasallo na festividade do SAMAÍN, aos pequenos da Escola de Educación Infantil de Dunas , así comezaron a facer os preparativos e o día 30 de outubro fomos a Escola. Os nenos e nenas de Dunas estaban celebrando o Samaín coas súas mestras,  obradoiro de cociña de outono, disfraces, concurso de cabazas e mil cousas mais......Así chegamos nós preto do recreo, vestimónos e comezamos a actuación. Os nenos/as estaban encantados con tantos animaliños na escola, lobo, ovellas, coellos, cans.....etc tanto lles gustou que tiveron que facer un BIS e aquí xa podemos dicir que os nosos actores triunfaron cos mais pequenos. Agora queremos deixarvos un agasallo mais o conto que representaron e a canción  do conto, seguro que lles vai a encantar. Loboferoz from exploradores4a   A CANCIÓN   NESTA PEQUENA PRESENTACIÓN

5º EP: TEATRO " O LOBO FEROZ"

Teatro lido e Representación teatral do conto "LOBOFEROZ".  5º EP: REPRESENTACIÓN TEATRAL DO LOBOFEROZ on PhotoPeach  O conto trata da historia dun lobiño moi, moi fraquiño porque só comía papas de arroz. Un día quixo comer outras cousas pero non era capaz de asustar a ninguén.

4º EP "INVENTANDO FEITIZOS"

Nestes días de abrir a porta aos medos un bo libro de feitizos podenos axudar a pasar diante deles con un pouco mais de tranquilidade. Para iso os alumnos/as de 4º leron o libro “El libro de los hechizos” e posteriormente fixeron os seus propios conxuros, seguindo estes pasos:  • Pensaron para qué os necesitaban   • Ingredientes necesarios.  • Como aplicalos, a quen, cando e en que lugar.   • Palabras máxicas necesarias ou rimas máxicas para que faga o efecto desexado.  E o reultado foi este maravilloso "LIBRO DE FEITIZOS" Open publication - Free publishing - More informative INVENTANDO FEITIZOS 4º EP on PhotoPeach

CELEBRAMOS O MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano mais deseñamos actividades para celebrar "Octubre, Mes Internacional das Bibliotecas Escolares" . Como estaba previsto YOLI, coordinadora da biblioteca e xefa de estudos, dounos a benvida e fixo a presentación xeral de actividades. O PROGRAMA QUE SE DESENVOLVEU FOI O SEGUINTE:  Open publication - Free publishing - More informative