Estamos a realizar no centro unha campaña de recollida de alimentos que entregaremos aos servizos sociais do Concello que traballan con persoas desfavorecidas. Tratamos con isto de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda, mais necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias que sofren por iso grandes dificultades.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños
Comentarios
Publicar un comentario