Ir al contenido principal

DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Este ano tamén quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas discapacidades, e con un pouco de adianto xa que ata o día 3 de decembro non se conmemora O Día Mundial da Discapacidade, celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o departamento de orientación e o equipo de biblioteca organizaron unha sensibilización xunto coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
Así que hoxe 29 de novembro, en dúas sesións a primeira adicada a 3º da ESO e a segunda sesión a 4º da ESO, Francisco Traballador social de COGAMI e Moncho voluntario con lesión medular imapartiron unha charla de PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES no colexio.   
Francisco explicou aos nenos o que era unha lesión medular e o que implicaba así como as súas causas mais comúns, mentres Moncho ía puntualizando coa súa propia experiencia as palabras do seu compañeiro, contounos como foi o seu accidente e todo o que implicou para el esta lesión
Comprendemos que, fora de días internacionais e leis, a realidade, a cruda realidade é tozuda. Hai avances, pero son insuficientes. As rúas dos distintos barrios están cheas de bordillos imposibles para persoas que usen silla de rodas. Por suposto, os autobuses non están preparados (excepto un pequeno porcentaxe dos mesmos) para persoas con movilidade reducida, qué dicir dos trens. Temos zonas de estacionamento reservado a minusválidos (negome a usar unha,  palabra ofensiva, sobre todo despois de coñecer a Moncho) persoas de movilidade reducida que frecuentemente están ocupadas por conductores sin escrúpulos e sen conciencia. Dos edificios públicos mellor non falar. Se queres ir ao cine, ofrecente a “fila cero” a un metro da pantalla para que non subas escaleiras, ¡¡qué amables!! porque estes espazos de ocio non están pensados para esas persoas das que hoxe toca acordarse.

Dende este blog queremos darlle as grazas a Francisco e a Moncho  por compartir o seu tempo con todos nós. A actividade impartase de maneira gratuíta.


COGAMI Vigo

Locais "Rivera Atienza"
Avda. Martínez Garrido,21 Interior.
36205 Vigo 
Tlf.:  986 281 893 / 897 
silvigo@cogami.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!