Moi boas a tod@s, o día 11 de Novembro deste ano celebrouse de novo o Magosto no CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios e pasamos un día diferente, sempre tendo en conta as restriccións da COVID - 19. O alumnado de 4º de ESO, foi o encargado de asar as deliciosas castañas que poidemos degustar nesta conmemoración. Unha vez feitas, o noso alumnado tivo o pracer de degustalas, acompañados de música popular - tradicional de Galicia. Tras comer as castañas asadas, Mateo e Lúa leron un texto que contiña información sobre o Magosto, co fin de realizar posteriormente unhas preguntas aos seus compañeiros/as, e desta maneira facer como unha especie de concurso para amenizar a mañá. E, finalmente, para dar por finalizada a conmemoración, catro rapazas de 4º de Educación Primaria realizarón o baile dunha muiñeira, a través da canción "Non Chas Quero". E que ben bailaron Valentina, Reyes, Laura e Martina!!!!!!!!!