Ir al contenido principal

MAGOSTO 2021!!!!!!!

    Moi boas a tod@s, o día 11 de Novembro deste ano celebrouse de novo o Magosto no CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios e pasamos un día diferente, sempre tendo en conta as restriccións da COVID - 19.

    O alumnado de 4º de ESO, foi o encargado de asar as deliciosas castañas que poidemos degustar nesta conmemoración. 




    Unha vez feitas, o noso alumnado tivo o pracer de degustalas, acompañados de música popular - tradicional de Galicia. 






    

    Tras comer as castañas asadas, Mateo e Lúa leron un texto que contiña información sobre o Magosto, co fin de realizar posteriormente unhas preguntas aos seus compañeiros/as, e desta maneira facer como unha especie de concurso para amenizar a mañá.



    E, finalmente, para dar por finalizada a conmemoración, catro rapazas de 4º de Educación Primaria realizarón o baile dunha muiñeira, a través da canción "Non Chas Quero". E que ben bailaron Valentina, Reyes, Laura e Martina!!!!!!!!!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏