Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

O horto no mes de maio

  Neste mes de maio o alumnado de Educación Primaria puido desfrutar das actividades do horto que realizamos mes a mes. Cada curso encargouse dunha cousa: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º  de EP : fixeron unha boa limpeza e plantación. 4º e 5º de EP: quitaron as herbas adventicias das patacas e doutros cultivos. Despois transplantaron dúas plantas de maracuyá (planta tropical) para que trepen pola rede..  6º EP: Colleita de acelgas e plantación de allo e porro. Sen dúbida, levamos moitas aprendizaxes grazas a Raquel e Diana. Vos deixamos cun resumo 👇:

VISITA Á CARABELA PINTA DE BAIONA

O pasado venres, a rapazada de 1º, 2º e 3º visitou a Carabela Pinta que está en Baiona.  Mirade 👀:

Break out: Libros agochados en 1º, 2º, 3º e 4º de EP

  Estas semanas están sendo moi amenas. O alumnado está a realizar o break out organizado pola biblioteca. Nesta ocasión participou o alumnado de 3º e 4º de EP. Mirade como o pasaron 👇😀: Parabéns rapaces!

Celebrando os maios

  A pasada semana celebramos os maios na escola e para iso colaborou o alumnado de 4º de Primaria e de 4º da ESO. Mirade:

Feliz día das letras galegas

  O homenaxeado deste ano é:

Reto 8: embaixadores do vidro

Neste último reto de Xeración ECO con motivo do día internacional da reciclaxe, 17 de maio, queremos animarvos a reciclar o vidro. "Ecovidrio" é a organización sen ánimo de lucro adicada á xestión da recollida selectiva de residuos de envases de vidro en España, que cumple 25 anos. Felicidades!!! En Nigrán, no ano 2022, recolléronse 406.920 kg de vidro en 122 contedores.  Máis de 7 de cada 10 envases de vidro recíclanse.  Cada cidadán recicla unha media de 19,8 kg de envases de vidro ao ano. Se queres reciclar aquí tes un video de como reciclar vidro:

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Aplicando a lóxica - matemática no EROSKI

  A rapazada de 5º de EP visitou está mañá o supermercado Eroski par traballar problemas e cálculos matemáticos con actividades da vida diaria. Calcularon lista da compra, prezos con descontos, porcentaxes… Cantas cousas de matemáticas puideron aplicar! Pasárono moi ben e activaron o seu pensamento lóxico- matemático. Moitas grazas as empregadas e a encargada do Eroski por deixarnos facer a actividade, así como pola súa paciencia!😊

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!

Gañadores do concurso

No día de hoxe fixemos a entrega dos premios aos gañadores do concurso da porta da biblioteca. Moitos parabéns!  

Merezco una calle en VR

  Ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de 6ºEP estivo inmerso nun proxecto sobre a Igualdade de Xénero chamado #MerezcounacalleenVR. Ao participar neste proxecto dotáronnos de un iPad así coma unha cámara 360º. A misión era facer unha análise das rúas da nosa contorna, Nigrán. Para iso, a través de equipos cooperativos, cada grupo encargouse de facer un estudo das rúas con nome de home e de muller. Posteriormente, fixeron unha presentación das rúas que tiñan nome de muller. Chegaron a conclusión de que temos moitas rúas con nome de home e moi poucas con nome de muller, así que fixeron as súas propostas. Finalmente, saímos pô-las rúas de Panxón e sacamos varias fotos coa cámara 360º. Este é o resultado final, un ThingLink que recolle todo o que fixemos:

Apadrinamento lector en EEI Dunas

  Seguimos conmemorando o día do libro e é por iso que fomos ao noso centro adscrito, EEI Dunas a contarlle uns contos aos máis cativos. Fixemos de padriños e madriñas lectores lendo contos e merendando con eles. Que boa xornada  pasamos e que ganiñas de repetir esta experiencia. 😀

Acoso escolar ou bullying

Onte, o alumnado de 5° e 6° de EP tivemos un obradoiro, levado a cabo pola Cruz Vermella sobre acoso escolar (bullying) e ciberacoso. Aprendemos moito sobre o tema, os diferentes factores e persoas que interveñen no bullying, concienciámonos da importancia que teñen o papel dos observadores no tema do acoso escolar.  Tamén tratamos o ciberacoso e os lugares onde poder acudir e pedir axuda, así como actuar no caso de sufrir ou presenciar situacións de acoso escolar.  Finalmente, púxose na hora de lecer, unha mesa para o alumnado de ESO onde podían facer consultas e aclarar dúbidas sobre esta temática.  Foi unha xornada de moitas aprendizaxes e reflexións. 

Descubrindo aos lobos

En 3º comezamos un novo proxecto no que imos descubrir moitas cousas sobre o mundo animal. Nas primeiras sesións, realizamos unha investigación sobre os lobos e queremos compartir este vídeo con vós. Auuuuu

E mentres tanto no horto...

  O mes pasado, o alumnado de Educación Primaria puido desfrutar das actividades do horto que realizamos mes a mes. Cada curso encargouse dunha cousa: 1º EP: limpeza e plantación 2º EP: plantaron lufas e recolectaron fabas e acelgas. 3º EP: plantación 4º EP: recolleron espinaca tetragonia, quitaron herbas da terra, colocaron titores para os tomates, abonaron, plantaron tomates e albahaca.  Sen dúbida, levamos moitas aprendizaxes grazas a Raquel e Diana. Vos deixamos cun resumo 👇:

Visita ao templo Votivo do Mar

  Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo de primaria visitaron o templo Votivo  do Mar e o arco visigótico. Puideron coñecer máis de preto a súa historia. Finalmente, aproveitaron para ler os contiños que levaban a carón do mar. Mirade:👀