Ir al contenido principal

Merezco una calle en VR

 
Ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de 6ºEP estivo inmerso nun proxecto sobre a Igualdade de Xénero chamado #MerezcounacalleenVR. Ao participar neste proxecto dotáronnos de un iPad así coma unha cámara 360º.
A misión era facer unha análise das rúas da nosa contorna, Nigrán. Para iso, a través de equipos cooperativos, cada grupo encargouse de facer un estudo das rúas con nome de home e de muller. Posteriormente, fixeron unha presentación das rúas que tiñan nome de muller.
Chegaron a conclusión de que temos moitas rúas con nome de home e moi poucas con nome de muller, así que fixeron as súas propostas.
Finalmente, saímos pô-las rúas de Panxón e sacamos varias fotos coa cámara 360º.
Este é o resultado final, un ThingLink que recolle todo o que fixemos:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!