Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

O NOSO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR" GAÑA O PREMIO GALICIA VOZ NATURA

O noso Proxecto "Nós somos Mar" foi seleccionado entre outros 307 proxectos como gañador Galego 2014 Voz Natura. Dende aquí queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa o gran traballo colaborativo realizado neste proxecto, a colaboración de familias, alumnado e profesorado foi determinate para a súa realización. Tamén queremos agradecer ao CSIC a súa colaboración e en especial a Mª Luisa Martínez e Eva Balsa polo seu asesoramento e presencia neste proxecto. Voz Natura  Consellería de Educación Xunta de Galicia La Voz de Galicia: CPI de PANXÓN GAÑA O PREMIO GALICIA VOZ NATURA La Voz de Galicia: O CPI de Panxón exemplo de loita medioambiental dende a infancia Radio Voz:

FORMACIÓN USUARIOS PAIS E NAIS

A ESCOLA DOS MEUS AVÓS: CONCURSO DE DEBUXO. SOMOS GAÑADORES

Co Obxectivo de conmemorar o Día Internacional do libro, o Concello de Nigrán organizou un concurso de carteis e unha alumna do noso centro foi a GAÑADORA. ENHORABOA ANA LAYESKA BOLIVAR TOVAR¡¡¡ A continuación podedes ver os debuxos finalistas no noso centro e que foron presentados ao concurso do Concello.  

COÑECENDO A XOXÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento. “Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou. Ver máis. Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a sú

DIA INTERNACIONAL 13-14

Co gallo do   Día do libro no C.P.I. de Panxón repetimos a actividade realizada o curso pasado polo éxito obtido “APADRIÑAMENTO LECTOR II ”. O alumnado de 1º e 2º de ESO exerceron de padriños e madriñas de lectura co alumnado de Educación Primaria. Tamén os pequenos lectores leron aos grandes. O equipo da biblioteca elixiu libros do noso Rincón de lectura Medioambiental“Rincón Azul, “Nós somos MAR” . Os afillados e afilladas realizaron uns marcapáxinas con motivos mariñeiros para agasallar aos seus padriños e madriñas. Presentamos a continuación unha mostra dos marcapáxinas creados e unha fotomontaxe de cómo desfrutaron coa lectura APADRIÑAMENTO LECTOR 2014 - Movie Maker Cientificonto co polvo Octavio Autor: Francesca Chessa Editorial: OQO editora, 2012 Resumo: Ola! Chámome Octavio. Gustaríame traballar no circo do fondo do mar, pero os meus tentáculos son un estorbo: non sei que facer con eles! Estou farto de ser un polbo! O CSIC impartiu unha sesión de contacontos: “Non