Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

BOOKTUBER

Déixovos coa presentación do brazalete máxico realizada por Yago Rodríguez.

FOTONOVELA

Nova fotonovela de Yago e Eva de 1º B ESO Adri Vilas 2º ESO Lucía, Rocío e Elena de 1ºB ESO

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA: CELEBRANDO CON FRAN ALONSO

Hoxe celebramos o Día da poesía cunha visita moi especial; a de Fran Alonso .Todos os alumnos/as de Secundaria puideron coñecer ao autor de Poetízate e de Cidades, dous libros traballados en 1º e 2º de ESO. Aprendemos que a poesía se apoia en catro patas moi especiais: a palabra, a música, o silencio e a maxia. Para comprobalo lemos, escoitamos e sentimos cada un dos poemas seleccionados polo poeta.  

ENGLISH POEMS

O alumnado de 1º ESO recitando o poema SICK escrito por Shel Silverstein unha poeta de USA. O  poema trata dunha nena que non quere ir ao colexio e pon todo tipo de absurdas disculpas ata que se decata de que é sábado e non ten colexio.

NOVIDADES LECTORAS FEBREIRO

POETÍZATE; CONCURSO DE RECITADO POÉTICO

Co obxectivo de potenciar a expresión oral e a creatividade asi como o coñecemento da obra dos diferentes poetas galegos/as, durante todo o mes de marzo recitaremos poemas de diferentes autores nas clases e  remataremos cun concurso de recitado dos seus poemas. Destinatarios: Podedes participar todos os alumnos e alumnas e haberá un premio por curso. Haberá  dúas fases: unha primeira nas clases por nivel da que sairán os/as finalistas para a segunda que se  realizara a nivel do centro. A data para a 1ª fase será o 15 de marzo e a fase final o día 21 de marzo, Día da Poesía.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS " A TÍ MULLER..."

RETO SEMANA DA PRENSA

Este ano , para celebrar a Semana da Prensa ides ter que enfrontarvos a un reto no que mostraredes as vosas habilidades para convencer a través dunha carta de solicitude.  En que consiste o reto? Teredes que conseguir un xornal de calquera país do mundo, canto máis afastado, exótico, descoñecido sexa, o voso logro será maior.  Como logralo? Poderedes escribir unha carta pedíndoo a quen creas que é a persoa , institución, centro, industria...máis idónea para que , lendo a vosa solicitude, envíen un exemplar. Podedes pedirllo a un centro educativo, ao Instituto Cervantes dese país, a un xornal...Usade vosa imaxinación, enxeño; buscade as direccións de correo electrónico, redactade vosa carta na lingua que sexa conveniente (podedes pedir axuda a profesores, familiares, amigos), sede convincentes e seguro que algún exemplar chega.  É necesario que o xornal se envíe ao voso nome, pero á dirección do colexio, para que o reto considérese conseguido. Toda a comunidade educativa está c

POETÍZATE: MES DA POESÍA

No centro adicamos este mes a poesía e comezamos cunha exposición na planta baixa coas nosas recomendacións lectoras para este mes nos diferentes cursos.