Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

CONTACONTOS DE NADAL NA ESCOLA INFANTIL DE DUNAS

Froito da colaboración das ANPAS do CPI de Panxón e a EEI "As DUnas" xurde esta actividade de contacontos, no que alumnos e alumnas do noso CPI colaboraran no fomento da lectura coa EEI . ENHORABOA POR ESTA INICIATIVA¡¡¡¡¡

OPERACIÓN QUILO

Un ano mais, o CPI de Panxón quere solidarizarse cos mais necesitados e para is convoca a IV Operación Quilo. Esperamos que todos fagades aportacións.

O CPI DE PANXÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe mostramos o noso máis enérxico rexeitamento contra a violencia de xénero e apostamos pola educación como pilar esencial para a prevención da mesma. Todos e todas queremos poñer a nosa pegada contra a violencia cara ás mulleres. ANÁLISE PUBLICITARIO: MURAL DE 6º DE PRIMARIA 3º PRIMARIA:  NIN UN BIQUIÑO A FORZA  

FORMACIÓN DE USUARIOS: “PORQUE CUQUI NON QUERE IR Á LAVADORA”

Nas sesións de Formación de Usuarios contamos na biblioteca ao alumnado de 1º e 2º de primaria o álbum ilustrado Cuqui non quere ir á lavadora que leva por subtítulo Conto moi importante para lerlles os maiores antes de ir a durmir, escrito por María Lado. As ilustracións son de Yanina Torres.   Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas. Ao final da sesión, propuxemos colorear a un osiño, recortalo e colgalo dun cordón na biblioteca

LECTURAS VIOLENCIA DE XÉNERO

IV CONCURSO DE NADAL: DECORACIÓN DE PORTAS NAVIDEÑAS

Como cada ano por estas datas poñemos en marcha o Concurso sostible de nadal , este ano ten como novidade que o centraremos nas portas das aulas, asÍ aquela porta que estea mellor decorada será a gañadora. haberá como todos os anos premios para a etapa de Primaria e para Secundaria. O prazo finaliza o día 9 de decembro, co obxecto de que toda a comunidade educativa poida desfrutar das vosas obras. ESPERAMOS COMO SEMPRE A PARTICIPACIÓN DE TODOS OS CURSOS¡¡¡¡¡   

LIBROS QUE COBRAN VIDA COA REALIDADE AUMENTADA

Ler é un magnífico entretemento, con todo, moitos nenos e nenas prefiren outras actividades, xeralmente relacionadas co uso das novas tecnoloxías. Por iso, penso que unir lectura e tecnoloxía é un gran acerto e a Realidade Aumentada ofrécenos que ler sexa moito máis que letras e ilustracións sobre papel impreso. A Realidade Aumentada (RA) é unha tecnoloxía interactiva que consiste en engadir información virtual á realidade física do noso contorno. Grazas a ela, os nenos e nenas poden ver como os personaxes dos seus contos cobran vida e interactúan con eles/as facendo moito máis atractivas as lecturas. Recomendámosvos a colección "Conoce los animales" de BooksARalive que contén 5 libros con esta tecnoloxía implantada. BooksARalive é a editorial da empresa Baibuk que se dedica, entre outras cousas, a desenvolver ferramentas tecnolóxicas baseadas no uso da Realidade Aumentada. "Conoce los animales" é unha colección composta de cinco volumes ilustrados con po

NOVIDADES 2015-16 FAMILIAS

O vento otoñal sempre nos sorprende con novidades, cambios, sorpresas inesperadas. A Biblioteca do CPI de PANXÓN viu incrementado o seu número de exemplares con moitas novidades que seguro vos van a interesar e que tedes dispoñible no espazo "RECUNCHO DE FAMILIAS".

II CONTACONTOS 3º EP: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O ALUMANDO DE 3º DE PRIMARIA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E DENTRO DO PROXECTO DA HORTA AO PRATO II, LERON OS CONTOS CREADOS POR ELES MESMOS EN 2º DE PRIMARIA AO ALUMNADO DO 1º CICLO.

ESPAZO LECTURA

Dende este curso 2015-16, o noso centro incorporouse como socio protector da Asociación Espazo Lectura.. Colaboramos facéndolles chegar ás familias do noso alumnado a información mensual das actividades para convidalas a participar neste proxecto. Agradecemos a Asociación a posibilidade de participación e felicitámolos polo traballo que realizan. NOVEMBRO  

I CONTACONTOS 3º EP: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O ALUMANDO DE 3º DE PRIMARIA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E DENTRO DO PROXECTO DA HORTA AO PRATO II, LERON OS CONTOS CREADOS POR ELES MESMOS EN 2º DE PRIMARIA AO ALUMNADO DO 1º CICLO.  

GAÑADORES II CERTAME RELATOS DE TERROR

 FELICITAMOS aos gañadores do II Certame de Relatos de Terror. Categoría A: Alumnos/as de 1º e 2º da  ESO. Lúa Iglesías Assua   Categoría B: Alumnos/as de 3º e 4º da ESO.  Hugo Pereira Chamorro Categoría  C: Alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º, de Primaria. 1º e 2: Leo Areses Pereira 3º e 4º: Iago Iglesías fernández  Categoría D: Alumnos/as de 5º e 6º de Primaria.  Elena Longrés Durán

VIOLENCIA DE XÉNERO 2015: QUE NON SE CHE VAIA A PINZA¡¡¡

MULLERES ASESIÑADAS Ano 2007: 71 mulleres. /// Ano 2008: 84 mulleres asesiñadas  /// Ano 2009: 68 mulleres asesiñadas  ///   Ano 2010: 85 mulleres asesiñadas  ///  Año 2011: 67 mulleres asesiñadas   ///   Ano 2012: 57 mulleres asesiñadas  ///  Ano 2013: 57 mulleres asesiñadas  ///  Ano 2014: 59 mujeres asesiñadas MULLERES ASESIÑADAS DURANTE 2015: 5 2   Fuente: IBASQUE Un ano mais traballaremos no centro co obxectivo de evitar a Violencia de xénero. Antes de iniciar os traballos ao longo deste mes, queremos recordarvos que no ano 1981 (hai trinta e catro) declarouse o 25 de novembro como Día Internacional contra o  Maltrato contra as mulleres. Pero... sabedes por que se elixiu esa data...? Animámosvos a lembrar   a Historia que dou orixen a esta conmemoración . As actividades que propoñemos para esta conmemoración son as seguintes: TODO O CENTRO: TENDAL  E LAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: QUE NON SE CHE VAIA A PINZA¡¡¡¡  PRIMARIA 1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA