Ir al contenido principal

LIBROS QUE COBRAN VIDA COA REALIDADE AUMENTADA

Ler é un magnífico entretemento, con todo, moitos nenos e nenas prefiren outras actividades, xeralmente relacionadas co uso das novas tecnoloxías. Por iso, penso que unir lectura e tecnoloxía é un gran acerto e a Realidade Aumentada ofrécenos que ler sexa moito máis que letras e ilustracións sobre papel impreso.

A Realidade Aumentada (RA) é unha tecnoloxía interactiva que consiste en engadir información virtual á realidade física do noso contorno. Grazas a ela, os nenos e nenas poden ver como os personaxes dos seus contos cobran vida e interactúan con eles/as facendo moito máis atractivas as lecturas.

Recomendámosvos a colección "Conoce los animales" de BooksARalive que contén 5 libros con esta tecnoloxía implantada. BooksARalive é a editorial da empresa Baibuk que se dedica, entre outras cousas, a desenvolver ferramentas tecnolóxicas baseadas no uso da Realidade Aumentada.


"Conoce los animales" é unha colección composta de cinco volumes ilustrados con poemas e ilustracións sobre os animais. Os libros están destinados a nenos/as a partir dos dous anos. Cada libro vai acompañado dunha aplicación móbil gratuíta, que unha vez instalada na nosa tablet ou smatphone, outorga novas posibilidades ao libro a través de música, narracións en varios idiomas, xogos...

As aplicacións de cada libro descárganse tanto de Google Play como de App Store e a súa utilización é moi sinxela e intuitiva. O seguinte vídeo explica de forma clara como funcionan as aplicacións cos libros:


Ao final de todos os libros hai un apartado que se chama "Xoga e aprende" onde se escanean as siluetas dos animais e os pequenos lectores deben pescudar de que animal trátase segundo a narración que escoitan, o que é unha actividade perfecta para que afiancen os seus coñecementos na identificación dos animais.

A lectura con Realidade Aumentada é unha boa alternativa para conseguir que os nenos e nenas achéguense ao libro tradicional impreso sen desvincularse das tecnoloxías do futuro.
 Fuente: En la nube TIC

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!