Ir al contenido principal

VIOLENCIA DE XÉNERO 2015: QUE NON SE CHE VAIA A PINZA¡¡¡


MULLERES ASESIÑADAS
Ano 2007: 71 mulleres. ///Ano 2008: 84 mulleres asesiñadas ///Ano 2009: 68 mulleres asesiñadas /// Ano 2010: 85 mulleres asesiñadas /// Año 2011: 67 mulleres asesiñadas /// Ano 2012: 57 mulleres asesiñadas /// Ano 2013: 57 mulleres asesiñadas /// Ano 2014: 59 mujeres asesiñadas
MULLERES ASESIÑADAS DURANTE 2015: 52
  Fuente: IBASQUE

Un ano mais traballaremos no centro co obxectivo de evitar a Violencia de xénero. Antes de iniciar os traballos ao longo deste mes, queremos recordarvos que no ano 1981 (hai trinta e catro) declarouse o 25 de novembro como Día Internacional contra o  Maltrato contra as mulleres. Pero... sabedes por que se elixiu esa data...? Animámosvos a lembrar  a Historia que dou orixen a esta conmemoración .

As actividades que propoñemos para esta conmemoración son as seguintes:

TODO O CENTRO: TENDAL  E LAZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: QUE NON SE CHE VAIA A PINZA¡¡¡¡


 PRIMARIA

1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

- Lectura do conto de Adela Turín titulado: "UNHA FELIZ CATÁSTROFE".

 - Proposta didáctica  a traballar ("orientación Andujar").
         Conto: "UNHA FELIZ CATÁSTROFE"


3º EDUCACIÓN PRIMARIA

- Lectura do conto de Marion Mebes “NIN UN BIQUIÑO A FORZA" (ensina aos nenos/as a dicir “NON” ás relacións non queridas, o que fai que sexa un material complementario para a educación da prevención do abuso sexual).

- Proposta didáctica :  “NIN UN BIQUIÑO A FORZA
  •  Elaboración dun mural como resultado da actividade co lema "NON". 
  •  Inventamos un poema ou un conto que conteña a palabra "bico"/”caricia”. 
  • Gravación dun vídeo coa lectura do conto.


 4º EDUCACIÓN 4º PRIMARIA
 -  Lectura do conto de Anthony Browne "El monstruo" daniel Martín.
"Este relato achéganos ás emocións de dous irmáns que viven situacións de violencia no seu fogar. As vivencias son descritas desde o punto de vista dos nenos que afrontan os feitos desde unha mirada tímida e inocente.

 Proposta didáctica : 
  • Lectura en voz alta, ou de forma individual.
  • Debate sobre o conto: O conto fala de violencia cara aos nenos e cara ás mulleres por parte do pai/ marido. Tentaremos enfocalo cara ao que supón a violencia exercida sobre as mulleres e sobre os fillos/as, que á súa vez é outra forma mais de violencia cara á muller.
  • Analisis dos personaxes.
    • Quen é o ?Monstro??
    • Coñeces algún monstro ti?
    • Que podemos facer para acabar con estes monstros?
    •  Gústache o final do conto?
    • Debuxa o que o conto che suxire e escibe unha frase que o resuma, elaboramos un mural
5º  E  6º EDUCACIÓN PRIMARIA

ANALIZAMOS ANUNCIOS PUBLICITARIOSNon podemos evitar a publicidade, porque está por todás partes, pero podemos  aprender a defendernos dela e a mellor maneira de facelo é analizando os anuncios  de maneira crítica.
O alumnado traerá a clase anuncios de revistas, folletos publicitarios ou  proxeccións que considere sexistas.
  • Formamos grupos de 5-6 alumnos/as. Cada grupo elixe un anuncio diferente que  analizará tendo en conta cuestiones como: 
    • Que tipo de linguaxe utiliza? 
    • Que imaxes mostra? 
    • Que mensaxes ocultas transmite? 
    • Quen é o protagonista de cada anuncio? 
    • Que reclamo utiliza para vender o seu produto? 
    • A que tipo de público vai dirixido? 
    • Que roles adxudica á muller? e ao home? Algun está en situación de inferioridade? 
    • Que obxectos asócianse á muller e ao home? 
    • Que cores e/ou que tipo de música predominan no anuncio cando vai dirixido ás  mulleres? E cales cando se dirixe aos homes? 
    • En que ámbito represéntase á muller e ao home? 
    • Que estereotipos mostra? 
    • Aparecen homes ou mulleres como obxectos sexuais? 
    • Ante toda a clase, cada grupo expoñerá a crítica suscitada e a conclusión final da análise realizada
ELABORACIÓN DE ANUNCIOS NON SEXISTAS
Metodoloxía.
  • En gran grupo  damos instrucións adecuadas para facilitar a creación e representación dun anuncio publicitario. 
  • Distribuímos ao alumnado en dous grupos heteroxéneos.
  •  Propoñemos a cada grupo preparar a representación de dous anuncios publicitarios: un cargado de sexismo e outro, oposto ao primeiro, que mostre a unhas e outros en iguais posicións de responsabilidade, tarefas, valoración, etc
 SECUNDARIA
    • Desenvolvemento da Unidade didáctica: Controlando¡¡¡ (material adaptado do elaborado polo Instituto Vasco da Muller (Emakunde) e a Asociación de Concellos vascos (Eudel)
    •  Banda deseñada a traballar "CONTROLANDO"
    • Organización dun  flasmob no patio O DÍA 25 DE NOVEMBRO.
    • CONFERENCIA: "Violencia de xénero no contexto dixital ". Pantallas Amigas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!