Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2011

HORA DE LER: ASESORÍA DE BIBLIOTECAS

  A continuación recollemos a entrada do blog Hora de Ler, no que a Asesoría de Bibliotecas fai unha mención do noso Recuncho de lectura para pais e nais. Dende aquí queremos darlles as grazas por esta mención, xa que estas pequenas cousas axudan e animan a seguir traballando na mellora da competencia linguistica do noso alumnado. Punto de lectura para nais e pais Procurar a complicidade das familias e a súa colaboración na formación dos lectores pódese facer de moitas maneiras. As bibliotecas escolares galegas van incorporando espazos específicos   para pais e nais, ben no interior da biblioteca ou ben nalgún outro espazo próximo, gañando así para a lectura eses recunchos ás veces esquecidos. No   CPI de Panxón (Nigrán, Pontevedra)   veñen de inaugurar este Punto de lectura para as familias, un espazo creado con moito gusto, con respecto e dignidade. A invitación non pode ser máis clara: "se ti les, eles len". Ademais, a información chega a todas as casas a travé

SE TÍ LES, ELES LEN: AGASALLO PARA OS PAIS E NAIS

No mes de outubro foi inaugurado o punto lector para as familias, este pequeno recuncho conlevou un incremento lector nas familias moi importante polo que no Festival de nadal as tres familias máis lectoras recibiron un agasallo do equipo de biblioteca que foi entregado no festival de Nadal o día 21 de decembro.  As tres familias máis lectoras foron: Familia PIÑEIRO FERNÁNDEZ Familia LÓPEZ-CARCEDO FERNÁNDEZ Familia COSTAS POUSA ¡ENHORABOA!

LER EN NADAL

 17 días de vacacións poden ser algo moi aburrido, dende educarex fannos unha proposta moi interesante ler un divertido libro como o seguinte: Autor: Hans Magnus Descarga gratuita do libro A proposta acompañase dunha Guía de lectura do libro publicado en Google docs A Robert non lle gustan as matemáticas, como lle sucede a moitas persoas, porque non acaba de entendelas. Pero unha noita soña cun diabliño que pretende inicialo na ciencia dos números. Naturalmente, Robert pensa que é outro dos seus frecuentes pesadelos, pero en realidade é o comezo dun recorrido novo e apasionante a través do mundo das matemáticas.

LE MÁIS, SÉ FELIZ

CELEBRAMOS O DÍA DA DISCAPACIDADE

Con un pouco de retraso celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o equipo de biblioteca xunto co departamento de orientación organizou unha sensibilización xunto coa Asociación de persoas xordas de vigo   (FAXPG) . Así que hoxe 16 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada ao 1º e 2º ciclo de educación primaria e a segunda sesión ao 3º ciclo, Camilo mestre de lingua de signos e xordo xunto con dous intérpretes fixo dúas actividades: 1º Campaña de sensibilización:   Camilo explicou aos nenos e nenas como é un día na vida cotiá dun xordo e de que medios se serven para poder ser autónomos, para iso utilizou unha presentación na que a través dun neno xordo chamado Iago ía recorrendo as diferentes actividades cotiás nas que un nenos xordo pode ter problemas, atopa barreiras   que lle poden impedir a súa integración na sociedade, escola..etc, e coa axuda colaborativa do alumnado ía presentando as solucións. Para rematar a acampaña vimos un vídeo "O sono de pedro&q

RECUNCHO DE PAIS E NAIS: SE TI LES, ELES LEN

No mes de otubro a biblioteca do centro reabreu as súas portas para ofrecer os seus servizos a toda a comunidade escolar. Como centro de recursos e de aprendizaxe, este ano continuaremos co labor de apoio ás actividades docentes, promovendo, dinamizando e activando o interese pola lectura. Queremos facer cómplices do noso entusiasmo ás familias, conscientes de que o voso exemplo é o mellor modelo que podemos ofrecer aos nenos e nenas. Open publication - Free publishing - More information  Este curso, entre outras novidades, poremos en marcha un novo servizo dirixido a vós,   O RECUNCHO DE LECTURA para pais e nais. A proposta é  sinxela pero resulta imprescindible a vosa colaboración. Trátase de crear un punto lector con autoxestión de préstamos, que facilitará o acceso a lecturas que vos interesan. O punto lector está situado na planta baixa enfrente de Dirección. Pódedes ir a calquera hora do día e escoller o libro que mais os gus

10 de Decembro: Día dos DDHH

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro , na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos . Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias. Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma " Coñecernos para querernos ", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher ) ou se

O Proxecto ANDERSEN

Proyecto Andersen é unha biblioteca de libros clásicos, do ITE Ministerio de Educación, cuxo autor é Antonio Javier Jareño Alarcón, para alumno/as do 3º ciclo de EP e os primeiros cursos da ESO. Busca despertar o interés polas grandes obras literarias e os seus autores. Presentan 48  libros, entre eles: Oliver Twist, La Isla del Tesoro, Don Quijote, Peter Pan, Sandokán, Drácula, 20.000 leguas de viaje submarino, Corazón, Robinson Crusoe, Príncipe y Mendigo, El libro de la Selva, Kim, Colmillo Blanco,  y otros. Inclue capítulos das obras en formato flash, bloc de notas para tomar apuntes durante a lectura, exercicios, actividades de comprensión lectora, sinopse do libro. Ademáis o recurso, ofrece curiosidades acerca das obras, un espazo dedicado á biografía dos grandes autores, unha guía para alumnos/as e unha guía para profesores/as. Pódese descargar dende a páxina do ITE , ou pode ser utilizado online.  

O Diccionario dos Refráns

O Proxecto Molino de ideas ofrece un bo número de recursos para traballar aspectos da lingua nas aulas. Nesta ocasión incorporaron dous novos apartados de gran interés. Tratase do Refranario , un diccionario de refráns e o Molinarium   (recursos para Latín). co Refranario : " Para cada refrán  incluese unha definición sinxela, un exemplo de uso, o nivel recomendado de aprendizaxe según o Marco Europeo, variantes en español, equivalentes en outros idiomas e sinónimos ."

O POETA CHILENO NICANOR PARRA, PREMIO CERVANTES

O poeta chileno Nicanor Parra, de 97 anos, gañou o Premio Cervantes 2011 (o galardón máis importante das letras hispanas). É o  escritor máis veteran en recibir esta distinción. Parra é  o supervivinte do grupo máis señero de poetas chilenos contemporáneos, xunto a Pablo Neruda, Gabriela Mistral, Vicente Huidobro e o tamén premio Cervantes, Gonzalo Rojas (falecido o pasado abril). Enlace a súa obra.

¡NORABOA! JOSÉ LUIS SAMPEDRO

O escritor  José Luís Sampedro  ven de ser galardonado co Premio Nacional das Letras.  Este galardón concedeo o Ministerio de Cultura para distinguir o conxunto da labor literaria de un autor español cuxa obra esté considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual escrita en calquera das linguas españolas. Se tivese que recomendaros algún libro seu, sen dúbida recomendariavos La sonrisa etrusca  e La vieja sirena . A obra de Sampedro é prolífica, desenvolta ao marxe das corrientes literarias, e marcada pola súa postura vital de contribuir, dende a educación, a cultura e a transmisión do saber, á consecución dun mundo mellor.

PROXECTO BUBISHER

Bubisher signigica: a ave que trae a boa sorte no Sahara. É este é  o nome dun proxecto de animación á lectura que naceu dunha idea dos nenos e nenas do colexio  San Narciso de Marín (Pontevedra) A actividade podesdes vela no video que acompaña esta entrada e completamente explicada  neste enlace . Hoxe traémola a esta páxina porque ándase a preparar un novo envío de libros no que imos participar. Se queredes participar, escollede  AQUI  o album que aportaredes. Seguiremos informando de como facer os seguintes pasos. (de biblioteca milladoiro. Mápica)

COCORICO NA EEI "AS DUNAS"

O alumnado de 6º de EP, logo de representar o día Internacional das Bibliotecas escolares a obra de COCORICO con gran éxito, realiza esta representación na EEI "As Dunas" .

25 de novembro: EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 Programación semana do 25 de novembro. Open publication - Free publishing - More activity Catálogo de libros que a biblioteca pon a disposición de toda a comunidade educativa para traballar  durante esta semán o Día Internacional contra a VIOLENCIA DE XÉNERO. Open publication - Free publishing - More education TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO - 4º ESO Powerpoint 2º (B)ESO. VIOLENCIA DE XÉNERO Open publication - Free publishing - More activity Powerpoint 2º ESO (a). A VIOLENCIA Open publication - Free publishing - More activity Vídeo sobre Violencia de xénero realizado polo alumnado de 4º da ESO. Traballo Hermanas Mirabal 6º EP Open publication - Free publishing - More investigate
II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO  O dia  4 de novembro celebráse o Día da Ciencia en Galego. Este ano adicado a Química e concretamente á aportación da muller á Ciencia. Homenaxéanse figuras como a científica  MARIE CURIE , primeira muller en recibir o premio Nobel en dous campos distintos física e química ou a Matemática e Alxebrista Galega MARÍA WONENBURGER  . Vídeo do programa tres14 e enlace á táboa periódica interactiva. A la carta > Televisión > La 2 > tres14 > tres14 - Química
RECURSOS SAMAÍN-HALLOWEEN  ► Dominó con dibujos sobre Halloween ► Sopa de letras en inglés ► Puzzle 6 × 8 ► Vocabulario en inglés con pictogramas en blanco y negro ► Vocabulario en inglés con pictogramas en color ► Actividad sobre el vocabulario ► Lectura, comprensión y expresión: Un Halloween diferente ► Máscaras ► Arañas para la clase ► Tarjeta de felicitación ► Calabaza de Halloween ENLACES INTERESANTES ►   http://abcteach.com/directory/seasonalholidays/halloween/ ►    http://www.caslt.org/resources/general/links-fetes-halloween_fr.php ►    http://www.activityvillage.co.uk/halloween_worksheets.htm ►    http://www.kidzone.ws/math/halloween/index.htm ►    http://www.supercable.es/~cibercuentos/cuentohallo.htm ►    http://ivyjoy.com/coloring/halloween.html ►    http://www.foundus.com/Halloween/coloring_fun.htm ►    http://www.hugolescargot.com/recherche-halloween.htm ►    http://members.fortunecity.es/ventero/misterio.html ►    http://pacomova.e
A NOSA BIBLIOTECA EN OUTUBRO Como colofón ao mes das bibliotecas escolares, organizamos unha xornada na que o alumnado poidera mostrar aos seus compañeiros/as o que traballaron no seu curso durante este mes, a programación foi a seguinte (Pincha na presentación) Open publication - Free publishing - More news 1º EP:   Os pequenos de 1º de EP aprenderon unha canción sobre o outono e cantarona para os seus compañeiros/as, foi a súa primera actuación no centro e fixérono moi ben. 2º EP: Estes nenos son uns verdadeiros artistas, recitaron poésias sobre o outono, moi ben a súa entoación e posta en escea enhoraboa¡¡¡ 3º EP : Ao longo do mes de outubro realizaron unha investigación sobre os refráns maís coñecidos do outono, para iso preguntaronlle aos seus pais, avós...etc desta investigación xurde o primeiro libro deste curso para a Biblioteca que pódedes ver a continuación, ademais todos eles contaronnos algún refrán
SAMAÍN Estas son as lecturas que xa podes atopar na biblioteca sobre o SAMAÍN. Ademáis temos preparada unha ampla selección de lecturas de medo. Open publication - Free publishing - More news
LA IMPORTANCIA DE LEER EN CASA     Guía de lectura para familias de la Junta de Andalucia Open publication - Free publishing - More leer
 ACTIVIDADE LIM SAMAÍN  Dende a biblioteca do CEIP A Pedra de Bueu cheganos unha actividade LIM relacionada co samaín, non deixedes de facela!!! http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim

MOSTRA DE TRABALLOS MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O PRIMEIRO LIBRO DE REFRÁN SOBRE O OUTONO (investigación realizada polo alumnado de 3º de EP) REFRÁNS SOBRE O OUTONO 3º EP 2011-12 Publish at Calaméo or browse others. INVESTIGACIÓN SOBRE AS BIBLIOTECAS (Alumnado de 1º da ESO na materia de Lingua Castelá e literatura)   LAS BIBLIOTECAS 1º ESO 2011-12 Publish at Calaméo or browse others. FPRESENTACIÓN COAS FERRAMENTAS WEB 2.0 GLOGSTER 4º ESO  Oalumnado de 4º de ESO, homenaxea ás bibliotecas escolares no seu mes internacional con este traballo feito coa ferramenta da web 2.0. Glogster e no día que o centro adica ás bibliotecas faran a presentación  e explicarán os motivos da celebración ¡Enhoraboa polo voso traballo¡¡¡