Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Bo verán!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E DE XOGOS

  Dende a biblioteca vos deixamos cunhas recomendacións de libros e xogos: Lembrade que estes e máis xogos poderédeslos atopar na nosa biblio! Bo verán!😀

FIN DE CURSO: KAYAK E PADDLE SURF

Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de EP puideron desfrutar da súa última excursión para pechar o curso. Foron ao Club Marítimo de Panxón e puideron practicar kayak e paddle surf. Foi unha xornada emocionante e increible. Pasárono de medo! Mirade: @clubmaritimopanxon

As maquetas dos ecosistemas

  Os nenos e nenas de 5º de EP traballaron as Ciencias Naturais de forma manipulativa, creando os seus propios ecosistemas para despois explicalos aos seus compañeiros e compañeiras. Estes grandes traballos están expostos no corredor da entrada da escola. Moitos parabéns, rapazada!  Fixéchedes un gran traballo! 😊👏 Botade unha ollada:

Experimentando coa ciencia

  No día de hoxe, o alumnado de 6º de EP acudiu ao laboratorio da escola para EXPERIMENTAR COA CIENCIA e vaia se experimentaron. Ao principio, a profe Belén deunos unha explicación das normas que debemos ter en conta nun laboratorio así como dos materiais que alí atopamos e para qué sirven. Fixemos unhas boas prácticas de laboratorio empregando materiais como limón, pataca, globos e auga destilada. A verdade é que foi unha experiencia xenial, xa que tamén puidemos contar con alumnos axudantes: Mario, Borja, Noelia e Martín de 4º da ESO. Moitas grazas profe Belén por compartir con nós todas estas experiencias científicas. Vos deixamos cun resumo:

Muller & Taller & Tecnoloxía

O venres 9 de xuño, a profesora e mestra do taller do  Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, Antonia Alfaro, deu a coñecer o seu centro e compartiu coñecemento de mecanizado sobre o manexo  do torno na aula - taller de tecnoloxía co alumnado de 4º da ESO. Mirade 👀:  O Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico,  con case 60 anos de antigüedade forma a futuros marinos e ademais é centro de referencia nacional en pesca e navegación.  Actualmente, imparte os ciclos de FP da rama marítimo - pesqueira e formación non regrada, dende cursos de mariñeiro - pescador ata os cursos de ampliación de atribucións para os profesionais de pesca. Para máis info, consultade: @ inst.maritimo.pesqueiro http://www.edu.xunta.gal/centros/institutopesqueiroatlantico/

14 de xuño. Día Mundial do Doante

  No día de onte, conmemorábase o Día Mundial do Doante, e o noso centro foi partícipe deste evento  xa que cúmprense 30 anos da creación da Axencia de Doazón de Órganos e sangue. Fai uns meses atrás participábamos na campaña de doazón varios alumnos e alumnas do noso centro xunto coas súas mestras. Velaquí os deixamos unhas fotiños do evento de onte:

Charla de hixiene dental

  O pasado venres, os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria estivemos aprendendo un montón de cousas sobre os dentes e a hixiene dental grazas a Clínica Dental Rico Fernández. Mirade 👇: 

Programando o universo

  Hoxe tivemos a sorte de participar nunha actividade de robótica e programación ofrecida polo Servizo Educativo de AFundación. O alumnado de 5º e 6º de EP desenvolveu actividades de programación básica coa placa micro:bit, makey makey e co programa Scratch. Os nenos e nenas puideron darlle voz aos planetas e deixar libre a súa imaxinación cos astros do universo. Mirade :

Visita de Eva Mejuto

  Hoxe tivemos a visita de Eva Mejuto, escritora, e contounos un montón de cousas: como escribir un libro, Quen está detrás da publicación dun libro, tipos de libros que se poden escribir… Foi unha xornada moi inspiradora. Graciñas

Visita de Anxo Fariña en 5º de EP

  Na clase de 5° de EP limos o libro: A chave da Atlántida de Anxo Fariña.  Tivemos a gran sorte de ter a visita do autor na nosa clase. Contounos un montón de cousas interesantes do seu traballo de escritor e ilustrador, como se lle ocorreu a historia do libro e respondeu moi amablemente a todas as nosas preguntas ademais de firmar os nosos libros.  Gracias por todo Anxo. 😊😊😊

Charla: alimentación e nutrición

  A pasada semana recibimos a visita da Cruz Vermella e nos deron unha charla moi interesante sobre alimentación, nutrición, hábitos saudables, platos saudables e enfermidades  (TCA). Foi moi interesante e aprendimos un montón. Mirade 👇

Vémonos pronto Stella Maris

  E hoxe tivemos un día de moitas emocións, despedímonos dos nosos amiguiños e amiguiñas de Stella Maris e lémoslles unhas cartiñas que fixemos con moito agarimo. Finalmente, deixámoslles uns pósters que recollen momentos vividos ao longo destes meses. Mil grazas pola acollida e vémonos pronto! 😃 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do acontecido: