Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

VISITA MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

No CPI de Panxón, o día 28 de abril, co gallo da semana do libro, os alumnos e alumnas de 5º, 6º e 1º de ESO gozaron da visita de Miguel Alonso Diz co seu libro “A nena que non deixaban ser feliz”. É un conto ilustrado por Luz Beloso. A súa lectura convidounos á reflexión e participación crítica no encontro. Miguel Alonso Diz contounos que nas súas páxinas flotan invisibles personaxes tan carismáticos como O Principiño ou Momo.  Aprendemos como se desenvolve o proceso de edición dos seus libros. Amosounos as pranchas de metal do libro “A nena que non deixaban ser feliz”, que levan toda a información para imprimir cada unha das follas que formarán o libro e os pregos, o conxunto de páxinas que se imprimen nunha mesma folla e que logo hai que dobrar, cortar e encadernar. Un proceso que sorprendou a grandes e a pequenos! MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

ACTIVIDADE ANUAL ESPAZO DE LECTURA

 Desde a súa creación, Espazo Lectura procurou establecer unha estreita liña de colaboración cos centros de ensino da comarca. Con ese obxectivo o noso centro “CPI de Panxón” fíxose socio protector e comprometeuse a distribuír entre as familias do noso alumnado a programación de actividades da asociación. Esta liña de colaboración cos centros de ensino resulta fundamental pois contribúe a facer chegar a moitas casas a información das actividades e o espírito de fomento da lectura como axente socializador, ao tempo que crea unha interesante dinámica de intercambio de información e propostas coas bibliotecas escolares dos centros educativos. Para agradecer este apoio, Espazo Lectura ofrécenos anualmente unha actividade de fomento de lectura. O xoves 27 de abril asistimos ao espectáculo musical Canta connosco! de Migallas Teatro, no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar. Todos os asistentes ao espectáculo, cantamos e bailamos os seguintes temas do disco Canta connosco!: “Dime q