Ir al contenido principal

CONTACONTOS: BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN

O sábado 22 de abril ás 12:00 h, na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán haberá un contacontos infantil (a partir de 4 anos) o conto será "A GALIÑA AZUL E COMPAÑIA de Cris de Caldas.
A través de A Galiña azul, farase unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras Galegas. A galiña azul virá moi ben acompañada, de xeito que coñeceremos outras obras de casares e algúns contos de tradición. Despois da sesión de contos, desenvolverase un obradoiro.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤