Ir al contenido principal

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Un ano máis o equipo de biblioteca para conmemorar o Día do libro propuxo unha actividade que nos últimos anos tivo moito éxito: "O Apadriñamento lector". Esta actividade tivo lugar o luns 24 de abril, consistiu na lectura dun conto por parte da madriña/padriño ao seu afillado durante a hora de ler. Como agasallo pola lectura compartida, os afillados/as entregaronlles un marcapáxinas, no que homenaxeaban a Gloria Fuertes.
3º ESO apadriñou a 3º e 4º de Primaria
5º e 6º apadriñaron a 1º e 2º primaria
 Para facer estas lecturas baixamos a praia.
Este ano ademais para o apadriñamento contamos con alumnos/as de Manchester que estan de intercambio no centro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏