Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

                                   DÍA DAS LETRAS GALEGAS Os nenos e nenas de 6º de Primaria realizaron unha actividade de documentación mediante a búsqueda de información nos carteis da exposición de Roberto Vidal Bolaño, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, para elaborar finalmente unhas presentaciones en powerpoint. Aquí  volas deixamos:

GREEN DICTIONARY

Na materia de Inglés os alumnos/as de 5º e 6º de EP elaboraron un dicionario EN INGLÉS co vocabulario básico medio ambiental que ían aprendendo a medida que desenvolvían as distintas actividades do proxecto. Á definición de cada palabra tiñan que engadir a representación plástica . O resultado pode verse n a seguinte presentación. Open publication - Free publishing - More book

AS FAMILIAS CONTANCONTOS NA BIBLIOTECA

Este curso comezamos unha nova actividade na biblioteca, os pais e nais participan no proceso de animación lectora contando contos na biblioteca, empezamos polo primeiro ciclo de primaria e dende aquí queremos dar as gracias á Familia de Jorge Alabarces Comesaña por ser os primeiros en iniciar esta actividade coa lectura dos contos "Tío Lobo" e "Hansel e Gretel".

ESPECTÁCULO DE MAXIA “CHRYSTYAN MAGIC” NO C.P.I. DE PANXÓN

O 29 de abril os alumnos e alumnas de Educación Primaria, disfrutaron co espectáculo de maxia de “Chrystyan Magic”, protagonista do libro “Chrystyan Magic, atrapado na torre” que leron no 3º ciclo de Primaria. Esta actuación forma parte do ciclo de actividades, que organiza o equipo da biblioteca do C.P.I. de Panxón co gallo do Día do Libro. Pasámolo moi ben…todos querían saír ao escenario.  Moitas Grazas, Chrystyan!. CHRISTIAN MAGIC - presentacion imagenes

FRANCISCO CASTRO NO C.P.I DE PANXÓN

O escritor Francisco Castro visitou o noso centro o luns 29 de abril, dentro da programación de actividades que organizamos o equipo da biblioteca para conmemorar o Día do Libro. Os alumnos e alumnas de 1º de E.S.O. recibiron ao escritor vigués coa presentación do programa “Atrapa un libro”.  Francisco Castro díxolle ao alumnado: “Escribo para cambiar o mundo…”. Falounos do seu libro “Chamádeme Simbad”, dende a perspectiva familiar, amosando as dificultades que o alzhéimer causa en quen o padece e mais na súa familia, cautivando tanto ao alumnado como ao profesorado.  Moitas Grazas, Francisco Castro. FRANCISCO CASTRO - presentacion imagenes

O INCREIBLE CHAPUZÓN DE ZOE

"O increíble chapuzón de Zoe" é un conto interactivo en formato dixital sobre o auga e a súa conservación, para nenos e nenas de entre 7 e 11 anos.

COMIC "A VOZ DO MUNDO"- COMEMOS TODOS

A protagonista deste comic multimedia , movida por unHa curiosidadE insaciable, descubrenos viñeta a viñeta a importancia duns buenos hábitos de nutrición e as consecuencias que a desnutrición e a inseguridade alimentaria teñen para a vida cotiá de millóns de nenos e nenas. Aspectos que se poden traballar:  - Cales son as consecuencias dunha mala alimentación? - Que alimentos debemos comer prácticamente todos os días? - Cando debemos comer: bolos, patacas fritas, doces e galdrumadas? - Podemos axudar a que outros nenos/as non se poñan enfermos?

CONTO: SUPER PEPO E CLEMENTINA (Alimentación saúdable)

Hoxe deixamosvos un capítulo das aventuras de Super Pepo para Infantil e o 1º ciclo de EP. No conto de hoxe Super Pepo falanos da importancia de comer san e non desperdiciar a comida. Hai moitos nenos/as muchos no mundo que non teñen que comer!. E vos amiguiños, nunca olvidédes que os verdadeiros superhéroes son os que pensan nos demais e axundalles cando o necesitan. Esperamos que vos guste. Pincha aquí para descargar o conto: Super Pepo e Clementina

MURAL EFICIENCIA ENERXÉTICA: 5 DE MARZO

No CPI de Panxón sumámonos a celebración do día da Eficiencia Enerxética, como mostra desta conmemoración o alumnado de secundaria investigou sobre as diferentes maneiras de aforrar enerxía en aspectos como:  A Auga, Iluminación, Aillamento, Automoción e Electrodomésticos. O froito deste traballo podemos velo no seguinte mural.

TRABALLO DOCUMENTAL: VISITA A UNHA POZA DE MAREA

Onte o alumnado de 4º de EP visitou unha poza de marea na praia da Madorra perta do centro, obervaron, investigaron e respetaron o que atoparon na poza, agora terán que realizar un traballo no aula e presentarlle o resultado deste aos seus compañeiros de 5º e 6º de EP. A continuación podedes ver a guía de traballo que elaborou Celso Lorenzo Lomba profesor de ciencias do centro para esta visita e imaxenes de como desfrutaron realizando a visita. Open publication - Free publishing - More informative Open publication - Free publishing - More informative

2º de PRIMARIA: O PROBLEMA DE ALIMENTACIÓN NO MUNDO E VISITA A FROITAS NIEVES

Os alumnos/as de 2º de EP ademais de ocuparse do horto escolar, desenvolveron a tarefa   “O PROBLEMA DA ALIMENTACIÓN NO MUNDO” OBXECTIVOS: -           Fomentar o consumo responsable -           Sensibilizar aos mais pequenos/as sobre as consecuencias do modelo comercial das grandes cadeas de distribución, en contraposición aos mercados locais. -           Introdución de conceptos como: Pobreza, fame, desnutrición, inxustiza ACTIVIDADES: -           Visita a un almacén de distribución de froitas e verduras -           Realización en grupo dun albume ilustrado relatando a experiencia. -           Realización dun menú diario partindo do que necesita unha persoa diariamente para a súa nutrición e cálculo do costo. -           Reflexionar sobre as desigualdades alimentarias -           Mapa de alimentación: Traballaron co mapamundi político marcando con indicadores de cor, as desigualdades alimentarias. O resultado do seu traballo foron os seguintes productos, non de