Ir al contenido principal

2º de PRIMARIA: O PROBLEMA DE ALIMENTACIÓN NO MUNDO E VISITA A FROITAS NIEVES

Os alumnos/as de 2º de EP ademais de ocuparse do horto escolar, desenvolveron a tarefa  “O PROBLEMA DA ALIMENTACIÓN NO MUNDO”
OBXECTIVOS:
-          Fomentar o consumo responsable
-          Sensibilizar aos mais pequenos/as sobre as consecuencias do modelo comercial das grandes cadeas de distribución, en contraposición aos mercados locais.
-          Introdución de conceptos como: Pobreza, fame, desnutrición, inxustiza
ACTIVIDADES:
-          Visita a un almacén de distribución de froitas e verduras
-          Realización en grupo dun albume ilustrado relatando a experiencia.
-          Realización dun menú diario partindo do que necesita unha persoa diariamente para a súa nutrición e cálculo do costo.
-          Reflexionar sobre as desigualdades alimentarias
-          Mapa de alimentación: Traballaron co mapamundi político marcando con indicadores de cor, as desigualdades alimentarias.

O resultado do seu traballo foron os seguintes productos, non deixedes de votarlles unha ollada pois desprenden imaxinación, esforzo, interese no aprendizaxe...etc

 ALBUM ILUSTRADO VISITA A FROITAS NIEVES


Open publication - Free publishing - More informative

COA COMIDA NON SE XOGA

VISITA FROITAS NIEVES on PhotoPeach

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

HORA DE LER

Hoxe foi o primeiro día que o sol deixou asomar unha primavera que todos votabamos de menos. Para celebralo , deixamos a aula para facer a hora de ler no patio. Unha boa idea que seguro repetiremos.