domingo, 21 de diciembre de 2014

GAÑADORES EXPOSICIÓN DE BOS CADERNOS CADERNOS


 OS GANADORES DO CONCURSO DE BOS CADERNOS 

 PRIMARIA

1º CICLO DE PRIMARIA
      Noelia Prado Nogueira
2º CICLO D EPRIMARIA
     Erika Cea Fernández
3º CICLO DE PRIMARIA
     Rafael Márquez Oliveira

 SECUNDARIA


Sofía Durán Rodríguez
Noelia Cea Fernández





viernes, 19 de diciembre de 2014

PREMIOS CONCURSO ÁRBORES DE NADAL SOSTIBLES

O pasado 18 de decembro ás 12:00 a comisión votou os distintos premios do III Concurso de árbores de nadal  sostibles presentados por clases.  Os premios foron entregados o día 19 de decembro no Acto de entrega da Bandeira Verde.

Enhoraboa ás clases de 5º de Primaria e 3º de ESO, gañadores este ano do concurso: Os premios consistiron nun lote de materiais funxibles para a aula.


martes, 16 de diciembre de 2014

A MELLOR LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO 2014.

A Revista Babelia  (EL País) elixiu como cada ano, os mellores títulos de LIJ, Vintecinco investigadores de literatura para nenos, libreiros, animadores e blogueiros confeccionaron a seguinte lista cos que consideran os mellores títulos do 2014, para nenos/as e xóvenes.
 ÁLBUM ILUSTRADO

1. La cocina de noche. Maurice Sendak. Kalandraka.
2. 12 poemas de Federico García Lorca. Ilustraciones de Gabriel Pacheco. Kalandraka.
3. Ahab y la ballena blanca. Manuel Marsol. Edelvives.
4. Todos mis patitos. Janosch. Libros del Zorro Rojo.
5. El lago de los cisnes. Charlotte Gastaut. 
PRIMEIROS LECTORES 

1. El tesoro de Barracuda. Llanos Campos. Ilustraciones de Júlia Sardà. SM.
2. El libro de las camas. Sylvia Plath. Ilustraciones de Quentin Blake. Libros del Zorro Rojo.
3. Escarabajo en compañía. Pep Bruno. Ilustraciones de Rocío Martínez. Ekaré.
4. El hombrecito vestido de gris y otros cuentos. Fernando Alonso. Ilustraciones de Ulises Wensell. Kalandraka.
5. Matti y Sami y los tres errores más grandes del universo. Salah Naoura. Lóguez.

NOVELA XUVENIL

1. Al sur de la Alameda. Lola Larra. Ilustraciones de Vicente Reinamontes. Ekaré.
2. El rey Matías I. Janusz Korczak. Nube de Tinta.
3. Alianzas. Cuentos de la luna llena. Iria G. Parente y Selene M. Pascual. Everest.
4. Los libros de A. Josep Lluís Badal. Ilustraciones de Zuzanna Celej. La Galera.
5. Ciudades de papel. John Green. Nube de Tinta.







martes, 9 de diciembre de 2014

AGASALLA UN LIBRO

Un ano mais polo Nadal queremos recomendar que entre os vosos agasallos de reis pidades libros, para iso no corredor da planta baixa colocamos un expositor coas suxerencias lectoras.

COIDEMOS DO MEDIO AMBIENTE: RECURSOS PRIMARIA

Na seguinte recompilación de recursos encontraredes varios materiais para utilizar en clase (e na casa) cos que os alumnos de Primariaaprenderán a coidar o medio a través da reciclaxe.

1. O vidro non é lixo, recíclao: Esta páxina web contén unha área específica para os docentes que inclúe unha completa guía didáctica con información de interese, ideas para a posta en marcha de talleres e actividades sobre a reciclaxe do vídrio... Losestudantes aprenderán por que é importante reciclar, que é o punto verde ou a cadea de reciclaxe. Tamén conta con varios xogos




2. Ozzy Ozzone: Os seus protagonistas son dúas moléculas, Ozzy eZoe, que a través de sinxelas explicacións e divertidas imaxes falan da capa de ozono, onde se encontra e que son os 'buratos' de ozono. Ademais, os docentes poden utilizar está páxina para traballar o sol, a Terra e os raios uva. A parte teórica compleméntase cunha práctica que reúne varias solucións que axudan a coidar o medio así como unha zona de xogos.



3. A illa de Honoloko: Trátase dunha páxina desenvolvida pola Axencia Europea de Medioambiente para nenos e nenas de ata 12 anos. Está dispoñible en varios idiomas, entre eles o español, e o obxectivo é que os rapaces comprendan que en función dos seus actos e decisións o ámbito e a saúde desta illa pode cambiar en calquera momento (poden comprobalo en tempo real porque os efectos se aprecian rapidamente); incluíronse uns paneis que, dependendo da súa cor, permiten saber se o están a facer ben (verde), regular (laranxa) ou mal (vermello).

4. Aprender a reciclar. recursos e xogos educativos: Inclúe unha colección de fichas coas que os docentes (e tamén as familias) poden explicar a l@s niñ@s de xeito lúdico o xeito correcto de reciclar o papel, o cartón, o cristal, os envases de plástico, restos de comida... e en que colector (amarelo, verde, azul ou gris) se deposita cada un deles.
5.Cómo aprender a reciclar: Este vídeo, no que se utilizou plastilina para facer uns cubos de lixo, trata de explicar onde se depositan os diferentes tipos de residuos. Foi desenvolvido por María Carmen Ayán, Laura Donaire, Arantxa Díaz, Rosa María Moreno e María Teresa Moreno.



Fuente: Educación3.0

viernes, 5 de diciembre de 2014

INVENTORES DE GRAN VALÍA

Os alumnos de 1º empregaron os seus dotes creativos para inventar e deseñar todo tipo de instrumentos para o noso horto.
Nas clases de lingua aprenderon a elaborar as instrucións que serán necesarias para que os seus dispositivos sexan coñecidos e empregados. Innovacións tecnolóxicas que dende o curso de primeiro poñen a disposición do Proxecto deste ano: Dá horta ao prato.

lunes, 1 de diciembre de 2014

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2015

A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2015 que, entre outras novidades, recolle o tan reclamado (e festexado nos centros escolares) 24 DE MARZO, Aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.


 Fonte:Asesoría Bibliotecas Escolares

SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR

O pasado 14 de novembro, levamos a cabo no colexio a Xornada Educativa da Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre residuos Domésticos que no noso cnetro enmárcase dentro do proxecto documental anuel "Da Horta ao Prato".
A xornada prantexouse por grupos de idade.
Primaria: 3º,4º,5º E 6º
Secundaria: 1º a 4º da ESO
Desenvolvemento da sesión: 
  • Charla Teórica e Actividades interactivas, Ecoembes/Ecovidrio/Sogama
  • Xogos de reciclaxe para os alumnos/as  de Primaria, carácterización de bolsa xenérica de residuos urbanos para os alumnos/as de Secundaria.
  • Dúbidas

CONCURSO DE CADERNOS 2014

Un ano mais realizamos a convocatoria dos mellores cadernos dete trimestre. Axuntámosvos as normas que deben cumplir elaboradas xunto co Departamento de orientación

UNHA MONTAÑA DE SOLIDARIEDADE

viernes, 28 de noviembre de 2014

QUEN BEN CHE QUERE, FARACHE BAILAR

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no corredor da pranta baixa do colexio puxemos un expositor cos fondos bibliográficos referentes a esta temática, na hora de ler todo a comunidade educativa pode dispoñere deles, rexistrando o empréstito na ficha situada na parte superior do expositor.

jueves, 27 de noviembre de 2014

COMITÉ AMBIENTAL 14-15

Xa temos formado o comité ambiental para este curso. Entre outras moitas cuestións falamos da necesidade de recordar aos alumnos/as e profes os hábitos xa adquiridos en cursos anteriores: separación de residuos, Ecopatrullas, necesidade de apagar luces e proxectores cando non son necesarios, control dos radiadores, reciclaxe de boligrafos, tapóns...

Tamén decidimos que o tema central deste curso será: O HORTO ESCOLAR E A ALIMENTACIÓN KILOMÉTRICA.

Benvidos a todos/as e a traballar.


ENREDADAS NO MEDO: TRABALLANDO DENDE AS AULAS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste día faise máis necesario que nunca recordar a importancia de levar a cabo accións que fomenten a igualdade de xénero e axuden a previr a violencia.

No CPI de Panxón realizamos durante esta semana actividades coas que tratamos de  eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario. 
A continuación achegamos algúns dos resultados que tiveron as nosas propostas para previr a violencia de xénero dende a escola.


1º de Primaria


3º de Primaria

 





4º de Primaria





 

5º e 6º de Primaria: ENREDADAS NO MEDO


1.- A partir dunha exposición de fotos estabrecemos un coloquio sobre o tema:

2.- Investigamos nos medios de comunicación

3.- Puxemos en común  noticias que trouxemos a clase e as clasificamos en diferentes tipos de violencia

4- Deseñamos a nosa fotografía

5.- Realizamos as  fotografías

e....... o resultado foi a seguinte exposición, enhoraboa  polo voso traballo 






1º E 2º de ESO




martes, 25 de noviembre de 2014

JUAN GOYTISOLO OBTÉN O PREMIO CERVANTES 2014

O escritor Juan Goytisolo obtivo onte o Premio Cervantes 2014, o máximo galardón das nosas letras, dotado con 125.000 €.
É autor dunha extensa e variada obra narrativa e ensaística, prohibida en España pola censura franquista dende 1963. Cultiva xéneros como a reportaxe, a literatura de viaxes ou as memorias. Ademais do seu labor estritamente literario, Goytisolo é un intelectual influente, colaborador habitual en prensa e crítico implacable do mundo contemporáneo. Actualmente reside en Marraquech.

Entre as súas obras podemos destacar Duelo no Paraíso ou Sinais de identidade.

Aquí déixovos o enlace a algúns dos seus artigos no País.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

PREMIOS I CERTAME DE "RELATOS DE TERROR"

Unha vez finalizados os prazos dados e obtido o ditame do xurado, coñecimos as dúas gañadoras do I Certame de Relatos de Terror .

As Gañadoras foron:


Primaria: Paula Leal Blach


Secundaria: Sandra  González-Besada Gómez  "Terriblemente Despierta"




Parabén a todos! Encantáronnos todos os relatos presentados a concurso. Grazas a todos polo esforzo e pola vosa participación.


VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

O 28 de outubro dentro do noso proxecto "Da horta ao prato" todo o alumnado e profesorado de primaria visitamos o Pazo de Gandarón. Misión Biolóxica de Galicia-CSIC. O obxectivo da visita foi sensibilizar ao noso alumnado cos distintos cultivos da nosa comunidade, o millo, as variedades bráxicas (coles, repolos, ...etc), aprendemos e observamos no laboratorio as plagas que lles afectan a estes tipos de cultivos, as súas modificacións xenéticas, tamén coñecimos as especies árboreas propias do noso entorno (camelias, castaño, carballo..etc).




VÍCHELA¡¡¡¡¡¡¡

A maleta viaxeira de banda deseñada chegou á biblioteca do C.P.I. de Panxón. Dispuxemos desta maleta durante 15 días para viaxar polas aulas do centro. Aproveitamos a sorpresa que provocou a aparición de algo novo na aula para espertar a curiosidade do alumnado.

Invitamos aos alumnos e alumnas a que investigasen na Biblioteca do Centro, etc... e descubrisen algúns dos títulos da maleta viaxeira. Os alumnos e alumnas de 1º de E.S.O. animáronse a crear os seus cómics na área de expresión plástica en 1º de E.S.O. 


martes, 18 de noviembre de 2014

MERGULLANDO NA BIBLIOTECA

Ao longo do curso a Biblioteca desenvolveu sesións formativas, de carácter especializado, orientadas especialmente ao uso das distintas fontes de información, o funcionamento, as normas, as partes dun libro, a CDU,…nestas sesións pretendemos os seguintes obxectivos:
•    Coñecer e seguir as pautas de comportamento na biblioteca e as súas normas de funcionamento.
•    Identificar os distintos tipos de documentos e entender a diferenza entre libros de ficción e libros de coñecemento.
•    Descubrir o espazo da biblioteca.
•    Coñecer os servizos que ofrece a biblioteca e os aspectos fundamentais da súa organización.
•    Facilitar o acceso aos documentos.
•    Coñecer o sistema de clasificación de libros e materiais audiovisuais, orientarse na biblioteca coa axuda dos rótulos de sinalización e aprender a utilizar o catálogo.
•    Coñecer as fontes de información.
•    Utilizar as obras de consulta (dicionarios, enciclopedias e atlas), identificar índices, vocabularios e outras ferramentas de axuda presentes nos libros de coñecemento e axudarse da prensa e Internet para buscar información.
•    Capacitar para o proceso de busca (ALFIN).


MERGULLANDO NA BIBLIOTECA - Kizoa Movie Maker

 Deseñamos diferentes fichas para traballar a formación de usuarios cos nenos e nenas de primaria.



CALENDARIO ECOPATRULLAS

Un ano mais empezan a traballar as Ecopatrullas, limpeza semanal dos patios ( 3 alumnos/as de EP e 3 de ESO). Esta actividade foi iniciada no curso (2011-12) como unha actividade no desenvolvemento do “Do pedernal á fusión”, ao igual que no curso pasado no que foi novidade seguemos sen UTILIZAR BOLSAS DE PLÁSTICO que sustituímos por cubos que unha vez realizada a tarefa de recollida teñen que lavar e deixar preparados para o día seguinte.



martes, 11 de noviembre de 2014

PROPOSTA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA, 1º E 2º DE ESO: VIOLENCIA DE XÉNERO

 I CONCURSO FOTOGRÁFICO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

1. Consolidar actitudes positivas cara a igualdade entre homes e mulleres.

2. Desenvolver accións preventivas para evitar situacións de discriminación e violencia contra a muller.

3. Lograr o desenvolvemento das Competencias básicas:  tratamento da información, a comunicación, a autonomía persoal, a cidadanía e a expresión artística.

4. Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE: 
  • DOCUMENTO GUÍA PARA O ALUMNO

  • A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha chuvia de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
    •  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas? 
    • Que entendemos por violencia? 
    •  Parecenos importa xeitar a violencia?
    •  Hai distintas clases de violencia? 
    • Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?




  • 2-   Investigamos nos medios de comunicación
    • Propoñeremos os nosos alumnos e alumnas que traian para a seguinte sesión noticias nas que se reflicta algunha forma de violencia. complementaráse con outras noticias de prensa variadas que poden obterse en Internet ou ser achegadas polo profesor ou profesora.
    3- Posta en común das noticias e clasificación en diferentes tipos de violencia
    ·         Cada alumno ou alumna presentará á clase a noticia que trouxo. Entre todos as clasificaremos en diferentes tipos de violencia, colgándose despois nun panel, destacando como unha das categorías a violencia contra a muller.
    4- Deseño da fotografía
    • Cada un dos equipos tomará as decisións necesarias para o deseño da súa fotografía: intención comunicativa, ambientación, escena, situación, expresión de emocións, mensaxes implícitas, etc., así como a organización de recursos materiais e persoais. Recollerán os acordos alcanzados nunha acta do grupo.
    5- Realización da fotografía
    • Cada un deles elixirá un espazo do centro para a escenificación da mensaxe e fará varios ensaios coa cámara de fotos ou co teléfono móbil. 
    • Finalmente prepararán un lema e un texto explicativo da fotografía do seu grupo.
    5.-  Exposición das fotos nalgún lugar visible do centro

  • Actividade adaptada do programa Educar para a igualdade que desenvolve o Goberno de Canarias

  • PROPOSTA DE TRABALLO 3º E 4º PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO

    PROPOSTA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

    O conto " Hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? traballa os estereotipos e roles de xénero. 

    Para ler o conto pincha na imaxe.

    Podemos escoitalo no seguinte enlace: hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa?

    Grazas á Plataforma da Infancia e a Elena Zapico e Tamara Corral, podemos desfrutar deste conto en Lingua de signos. (é interesante facer unha visualización )




    Deste conto fisoxe unha segunda edición e nela a súa autora, Raquel Díaz, ofrecenos a ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos sonos, desexos e aspiracións da princesa.



    - Despois da lectura do conto podemos facer un debate na clase, as observación e as opinións do alumnado seguro que nos sorprenden.

    - No seu Blog Raquel Díaz, proponnos elaborar un atrapa sonos porque todos podemos ser o que queiramos ser, e soñar espertos é o primeiro paso para conseguir o soñando...


    PROPOSTA 4 EDUCACIÓN PRIMARIA: 
    • A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha choiva  de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
      •  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas? 
      • Que entendemos por violencia? 
      •  Parecenos importa xeitar a violencia?
      •  Hai distintas clases de violencia? 
      • Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?
    • Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as, Cada alumno/a debuxa a súa man e as accións positivas que podemos facer con elas e o mesmo coa boca, debateran sobre a resolución de conflitos, as diferenzas de xénero.
    • Material a empregar
    •  
    •  O resultado do traballo pode ser un mural similar ao seguinte.
    Proposta tomada de Kika Fumero e Amaya Díaz

    PROPOSTA DE TRABALLO: 25 dE Novembro 1º E 2º DE EDUCACION PRIMARIA

    PROPOSTA 1: CONTO ARTURO E CLEMENTINA (2º EP)


    Adela Turín escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. Apoyaremosnos nel como guía para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero.

    Para a sesión utilizaremos:

    - O vídeo do conto relatado e adaptado por Beatriz Montero, gravado no espazo Cuentacuentos do programa infantil La Merienda.



    O conto en si, podemos velo a través do ordenador ou da pizarra dixital. (subido a rede por Isabel Nieto



    Arturo y Clementina from isabel Nieto

    O libro orixinal, pódese solicitar na Libraría "Libros para soñar" en Vigo.


    Despois de ver o vídeo ou facer a lectura do conto, falaremos co alumnado das impresións e sentimentos que lles xurdiron. Reflexións sobre a historia de Arturo e Clementina:

    Como é Clementina?
    Por que cren que Clementina non era feliz?
    Como é Arturo?
    Se fosen Clementina, Que farían no seu lugar?
    Que lles parece o final do conto? Esperaban que rematase así?
    Que é o que máis lles gustou da historia?
    Que cren que aprendemos con esta historia?

    Posibles actividades a realizar despois das reflexións: 


    - Manualidades: Creación dos personaxes para representar o conto e empatizar cos sentimentos destes. En cada enlace explícase o paso a paso para realizar esta manualidade.


    TARTARUGAS CON BOTELLAS DE PÁSTICO E CARTULINA



    TARTARUGA FEITA CON CARTÓN DE OVOS


    - Realizar un debuxo que represente o máis significativo da historia para o noso alumnado.

    - Por grupos ou ben de maneira individual pedirémoslle ao alumnado que reescriban a historia e o comportamento dos personaxes para favorecer a igualdade entre xéneros e o bo trato.

    - Continúa a historia: Por grupos ou ben de forma individual pedirémoslle ao alumnado que continúe a historia, Que terá pasado con Clementina? Que estará a facer? Como se sentirá? Que pasou con Arturo? ... Poden ilustrar a súa historia, relatala como un novo conto, un cómic, etc.

    - Analizamos os sentimentos e comportamentos dos personaxes: Dividimos o alumnado en pequenos grupos e a cada un deles entregámoslle unha ficha cunha das frases do conto para que debatan sobre ela e escriban a súa opinión de forma xustificada.





    PROPOSTA 2: CONTO ROSA CARAMELO 1º EP

    Poderemos traballar o sexismo de mans do conto Rosa Caramelo de Adela Turín, Investigadora italiana afincada en Francia, cofundadora da asociación non gobernamental Du Coté des Filles.

    Poden gozar desta historia a través da versión flash do conto picando na imaxe




    Guia de lectura; Rosa Caramelo

     
    Rosa Caramelo from guest67eb21

    Webquest elaborada por M. Rocío Cabanillas Magro, mestra do CEIP “Alcalde J.J.Rebollo”, para realizar actividades a o longo de cinco ou seis sesións.


    - Mural sobre o conto
    -Mural sobre xogos sexistas e no sexistas
    - Realización de Manualidades
    En blanco y negro,Plantilla II en blanco y negroPlantilla en colorI, Plantilla II en color

    Máscaras de elefantes de cores: Pica na imaxe para ver esta manualidade paso a paso en Krokotak.




    Resumen do conto



    As actividades son adaptadas das deseñadas por Kika Fumero e Amalia Padilla

    VISITA Á BIBLIOTECA

    Durante o primeiro trimester organizamos visitas a nosa biblioteca por cursos, para dar a coñecer o funcionamento da biblioteca, os seus fondos e os servizos de que dispón.

    Nestas visitas entregamos aos alumnos e alumnas de primaria as súas carpetas de biblioteca e un marcador de libros coa temática do noso proxecto “Da horta ao prato”.

    miércoles, 5 de noviembre de 2014

    PRESENTACIÓN DO PROXECTO "DA HORTA AO PRATO"

    O DÍA internacional das Bibliotecas escolares, presentamos mediante a representación da obra de teatro "Unha leituga feliz" o proxecto documental anual do noso centro "Da horta ao prato"

    UNHA LEITUGA FELIZ on PhotoPeach

    martes, 28 de octubre de 2014

    INFOGRAFÍA DOS SIGNOS DE PUNTUACIÓN

    https://drive.google.com/file/d/0B8adxFxiTeS6Qlk0V3BYMFZ4LTA/view

    INFOGRAFÍA DA ORTOGRAFÍA

    https://drive.google.com/file/d/0B8adxFxiTeS6NGxDdExhclpsUTQ/view
    Enlázovos unha infografía relacionada coa ortografía, nun varrido visual temos diferentes regras ortográficas.

    LECTURAS TERRORÍFICAS

    Este ano retomamos as lecturas terroríficas.

    Dende o venres 24, podes encontrar nun expositor especial no corredor da pranta baixa os mellores libros de terror da biblioteca escolar.

    Durante esta semana, ademais, repartiranse polas clases o boletín que ves aquí máis abaixo coa selección de lecturas. 



    O colexio, ademais, estará decorado terrorificamente....

    DEZ PELÍCULAS PARA MOTIVAR Á LECTURA

    O cine constitúe un recurso ideal para introducir aos  alumno/as no estudo de distintas temáticas. A proxección dunha película en clase pode servir, por exemplo, para motivar os estudantes á lectura e espertar a súa curiosidade sobre unha  obra literaria ou un autor. Presentámosche dez películas que che axudarán a achegar os libros ao mundo dos teus alumnos/as grazas á linguaxe audiovisual.
     


    Para os máis pequenos:

    Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Tim Burton. Adaptación da novela do afamado escritor infantil Roald Dahl, que narra as aventuras dun neno pobre que gaña un pase para visitar a fábrica do mestre chocolateiro Willy Wonka. Guía didáctica.

    El Gigante de hierro (1999), Brad Bird. Baseada no libro infantil de Ted Hughes, conta a historia dun neno que se fai amigo dun robot xigante caído do ceo. Intenta explicarlle como son os humanos. Recursos para enfocar a película.

    Para os máis maiores:

    On The Road. En la carretera (2012), Walter salles. A obra cumio de Jack Kerouac, escritor estandarte da Xeración Beat, inmortaliza a viaxe de tres mozos, en busca de liberdade, a través dos Estados Unidos. A película serve para abordar as relacións humanas, as adiccións e o universo literario dos beat nos anos cincuenta.
     

    Nunca me abandones (2010), Mark Romanek. A novela de Kazuo Ishiguro aborda a relación de tres adolescentes nun internado británico. A través dela podes traballar temas como a adolescencia, as relacións humanas, a relación cos profesores, os dereitos humanos ou a morte. 

     Literatura actual: 

     El Erizo (2009), Mona Achache. Adaptación de La elegancia del erizo, best seller da escritora francesa Muriel Barbery que conta a relación entre unha intelixente nena de 11 anos e a porteira do seu edificio, que tras a súa aparencia inxenua oculta unha interesante e cultivada vida. O libro e a película permítenche traballar as aparencias, a educación en valores, e as relacións humanas e familiares, ademais de tratar determinados aspectos filosóficos. Guía didáctica.
     
     Persépolis (2007), Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud. Aínda Que xa de por si a lectura dun cómic pode resultar atractiva para os alumnos, neste caso tamén podese mostrarlles como pode levarse á pantalla. Deste modo, podes traballar as diferenzas existentes na linguaxe visual e audiovisual. O comic book da autora iraniana Marjane Satrapi aborda a Revolución Islámica acaecida en Irán e o traslado da súa familia a Europa, onde terá que combater a idea establecida de que todas as persoas chegadas de Oriente medio son fundamentalistas islámicos. A súa obra serve para abordar un acontecemento histórico á vez que se traballa cos alumnos temas como a inmigración, a educación en valores, a violencia de xénero, ou a cultura de paz. Guía didáctica e actividades e recursos relacionados. 

     Clásicos: 
     
    Hamlet (1996), Kenneth Branagh. A do cineasta británico é unha das moitas adaptacións ao cine das obras de Shakespeare. A través dela podes achegar aos teus alumnos a unha das obras máis importantes da literatura universal. Coñecerán a quinta esencia do drama isabelino, e permitirache traballar máis tarde o texto en profundidade. Guía didáctica da película. 
     
    EL retrato de Dorian Grey (2009), Oliver Parker. Esta adaptación dunha das obras máis coñecidas de Oscar Wilde permitirache motivar os teus alumnos á súa lectura, ademais de traballar temas como a morte ou a educación en valores. 
     
    Jane Eyre (2011), Cary Joji Fukunaga. Outro clásico da literatura universal, esta vez de Charlotte Brontë, que che axudará a introducir os teus alumnos na literatura do século XIX e as problemáticas sociais da época. Ademais, pode servirche para traballar temas relativos á igualdade de xénero. Recursos educativos para traballar o libro (en inglés). 
     
    Os miserables. A lenda nunca morre (2012), Tom Hooper. A adaptación ao cine da obra de Victor Hugo abrirá aos teus alumnos a porta a un dos clásicos máis importantes da historia da literatura. A través da historia de Jean Valjean, poderás animalos a abordar o libro e debater en clase temas como a xustiza social, a pena de morte ou a pobreza. Guía do estudante.

    lunes, 27 de octubre de 2014

    MOCHILAS VIAXEIRAS 14-15


    Xa está preparadas as Mochilas Viaxeiras!. O obxectivo fundamental desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfruten xuntos da lectura.

    A mochila estará con cada familia unha semana, durante a cal se lerán os libros que inclúa a mochila e se escribirá no caderno que encontraredes dentro, o que vos pareceu a actividade, suxestións para próximas mochilas...e o neno/a pode escribir algún comentario sobre algo que chamase a súa atención ou facer un debuxo que lle inspirase.Aquí tedes o contido das mochilas: