Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

CONCURSO DE CABAZAS

Trae o teu cabazo   antes do vindeiro martes 05 de novembro e participa no   CONCURSO de CABAZAS   decoradas do noso Colexio. Recibirás premios fantasmagóricos¡¡¡ A N O T A T E  X A¡¡¡¡¡¡

ESPECIAL HALLOWEEN

FORMACIÓN DE USUARIOS E ENTREGA DE CARNÉS

Todos os grupos foron pasando pola biblioteca para realizar A FORMACIÓN DE USUARIOS e o alumando de 1º de primaria recibir os seus primeiros carnés de biblioteca neste colexio. Tamén repasamos os recunchos e normas de funcionamento da biblioteca  e puideron ver as novidades deste curso e levarse o desexo de volver canto antes a biblioteca.

NOVA GUÍA AXUDANTES BIBLIOTECA

Open publication - Free publishing - More informative

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA: PRESENTACIÓN DO PROXECTO "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE"

O día da inauguración da biblioteca, tivemos unha gran sorpresa, un extrano personaxe apareceu na biblioteca, ao principio asustounos xa que estaba moi pálido e vestía como os piratas fai 400 anos, dixo que era "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" e que tivo que levantarse da súa tumba para vixiar os mares. Veu falar cos rapaces para explicarlles o moito que cambio o mar e a paisaxe dende que el abandonara estos lares. Pediulle aos nenos que coidasen o mar e trasladasen as súas boas prácticas a todo o seu entorno, tiveron que realizar  un xuramento E COMPROMETERONSE A CAMBIAR OS MALOS HÁBITOS.   ¡AGORA EMPEZA UN GRAN TRABALLO PARA AXUDAR A SALVAR OS MARES E COSTAS¡¡¡ INAUGURAMOS A BIBLIOTECA "A ÁNIMA DO PIRATA DRAKE" on PhotoPeach

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe saíron as mochilas viaxeiras no noso centro. Esta actividade permite aos alumnos e alumnas de 1º a 6º de primaria levar libros a casa para compartilos con toda a familia. No diario da mochila poden incluír as opinións ou propostas de mellora desta actividade MOCHILAS VIAXEIRAS - presentacion imagenes

CELEBRACIÓN DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO

Durante este mes no colexio e na Biblioteca non se fala doutra cousa mais que de bruxas, vampiros, morcegos, momias e demais seres mounstruosos. E que no colexio xa se respira o ambiente típico do Samaín. Andamos decorando a entrada e as clases para irnos metendo en ambiente, pero faltan as cabazas!. E un Samaín sen cabazas, non é un Samaín!. Así que, ide buscando unha cabaza e mans á obra. Xa sabedes que podedes utilizar todo o que precisedes: perrucas, teas vellas, dentaduras postizas, elementos da natureza así como toda clase de materiais reciclables. o alumnado DE pRIMARIA deberá ESCRIBIR os seus medos para queimalos e para espantar meigas e malos espíritos ou para facer maxia.   O ALUMNADO DE SECUNDARIA CONCURSO DE CONXUROS Xa sabedes, empezade a buscar unha boa cabaza e poñede as cabeciñas a pensar para elaborar un arrepiante conxuro. RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS: Preme nas diferentes imaxes e accede aos recursos http://www.youtube.com/watch?v=Z2QAk4sGzuM http://w

COMEZAMOS¡¡¡¡¡ NOVO PROXECTO

Un ano maís desenvolvemos un proxecto no colexio e algo se está a mover polos seus corredores, dende fai un tempo escoitamos ruídos, desaparecen cousas, o garda di que polas noites escoita voces...........será unha "ánima" que coñece o que imos facer este curso?, aparecerá un destes días?. Procura non faltar a clase o día 25 de outubro xa que algo fantástico ocorrerá na biblioteca.

PREMIO CASTELAO DE BANDA DESEÑADA

 Vía Rede Lectura Fran Bueno   acaba de facerse co   Premio Castelao de Banda Deseñada , na súa VIII edición, coa obra   Catálogo oneroso de beleza gratuíta . Este   autor   é suficientemente coñecido entre nós polas súas colaboracións nas revistas   Tótem ,   Frente Comixario , Elipse   e   BD Banda ,  por publicacións como   O máxico arrecendo .   ou   División azul .   Ten unha liña de colaboración coa escritora Marilar Aleixandre que dará lugar a  con   ¿De quen é a auga? ,   Parando a marea negra ,   Vivir no solo   e   O sabor das mazáns   que son publicados polo Consello da Cultura Galega, e a serie  Os Escachapedras   que verá a luz na revista   Golfiño .

CONCURSO:CIENCIA QUE CONTA

6º Concurso de relatos curtos sobre ciencia: Ciencia que Conta 2013 (CQC13).  Convocado polo grupo DIVULGATIA da universidade de Vigo. As bases do concurso podes descargalas clicando aquí. Que estás a esperar para apuntarte? Veña! Pensa nun tema e... a traballar, a escribir e a gozar da ciencia! Non o deixes ir. Mostra o teu talento! Elixe o tema, desenvolve o relato e envíao. Máximo 1.000 palabras (aproximado 3 folios). Se tes dúbidas, escribe un email a cienciaqueconta@uvigo.es. Contamos contigo!  Animádevos a participar.

SEMANA DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

Na segunda semana de novembro celebraremos na Biblioteca a "semana da literatura de tradición oral" . Para iso pedímosvos que gravedes ós vosos avós, pais, veciños... contando un conto, un refrán, unha anécdota, cantando unha canción... e que llo entreguedes aos vosos titores en Primaria e na ESO a profesora de Lingua Castelá e Literatura:  Proxectaremos tódalas gravacións nos recreos desa semana e tamén ás subiremos ao blogue.

PREMIO PLANETA 2013: CLARA SÁNCHEZ

A obra gañadora, 'El cielo ha vuelto' -presentada baixo o título de 'La dama del hechizo', co pseudónimo de   José Calvino-   é unha novela de misterio, intriga e erotismo, segundo a tripla adxectivación do xurado   Juan Eslava Galán , que ademais definiu o manuscrito como "un estupendo relato dunha relación tóxica". Nacida en   Guadalajara en 1955 é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense   de Madrid,   Clara Sánchez   dedicouse algúns anos ao ensino ata entregarse por completo á literatura. Paso que deu en 1989 co seu debut na novela  'Piedras Preciosas' Nesta ocasión, de finalista chega nada menos que a ex ministra de Cultura Angeles González Sinde que debuta na novela, despois dunha longa traxectoria como guionista. 'El Buen hijo', fue presentada a concurso baixo o pseudónimo de   Salvador Durán   co título enmascarado de 'Volver a los diecisiete'.

RECURSOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), xunto co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anunciou a actualización do portal Web sobre información e sensibilización contra a violencia de xénero: www.aulaviolenciadegeneroenlocal.es/consejosescolares . Este portal, dirixido aos profesionais dos centros educativos, proporciona diversos materiais de interese para a sensibilización, prevención, detección e intervención en violencia de xénero, especialmente deseñados para mozos. A páxina  Web  tamén describe unha serie de actividades (para realizar tanto dentro coma fóra da aula), así como proporciona un listado de recursos de utilidade, tales como contos, lecturas, cancións, guías ou materiais audiovisuais. Vía: Scooped by  OrientaTierra  

CÉSAR MALLORQUÍ: PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

César Mallorquí : " A recompensa non son os premios, senón os lectores" "Aos meus lectores afortunadamente gústalles o que escribo. Paréceme unha marabilla que calquera rapaz lea, e máis si axudeille eu a gozar", engadiu o autor de "A Illa de Bowen", título da obra galardonada. (Vía Europapress) Podes ler o seu blog: "La fraternidad de Babel" A illa de Bowen : o xurado considerou acerca dela que é:  un "canto á aventura e unha homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia"

REVISTA OLLOS DE AULA:Coordinadora galega de ENDL

OUTUBRO 2013, Nº 13