Ir al contenido principal

PREMIO CASTELAO DE BANDA DESEÑADA


 Vía Rede Lectura

Fran Bueno acaba de facerse co Premio Castelao de Banda Deseñada, na súa VIII edición, coa obra Catálogo oneroso de beleza gratuíta. Este autor é suficientemente coñecido entre nós polas súas colaboracións nas revistas Tótem, Frente Comixario,Elipse e BD Banda,  por publicacións como O máxico arrecendo. ou División azul. Ten unha liña de colaboración coa escritora Marilar Aleixandre que dará lugar a  con ¿De quen é a auga?, Parando a marea negra, Vivir no solo e O sabor das mazáns que son publicados polo Consello da Cultura Galega, e a serie Os Escachapedras que verá a luz na revista Golfiño.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏