Ir al contenido principal

PREMIO PLANETA 2013: CLARA SÁNCHEZ

A obra gañadora, 'El cielo ha vuelto' -presentada baixo o título de 'La dama del hechizo', co pseudónimo de José Calvino- é unha novela de misterio, intriga e erotismo, segundo a tripla adxectivación do xurado Juan Eslava Galán, que ademais definiu o manuscrito como "un estupendo relato dunha relación tóxica". Nacida en Guadalajaraen 1955 é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, Clara Sánchez dedicouse algúns anos ao ensino ata entregarse por completo á literatura. Paso que deu en 1989 co seu debut na novela  'Piedras Preciosas'
Nesta ocasión, de finalista chega nada menos que a ex ministra de Cultura Angeles González Sinde que debuta na novela, despois dunha longa traxectoria como guionista. 'El Buen hijo', fue presentada a concurso baixo o pseudónimo de Salvador Durán co título enmascarado de 'Volver a los diecisiete'.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

HORA DE LER

Hoxe foi o primeiro día que o sol deixou asomar unha primavera que todos votabamos de menos. Para celebralo , deixamos a aula para facer a hora de ler no patio. Unha boa idea que seguro repetiremos.