Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

LER CIENCIA

      A ilustración é de Juanvi Sánchez NO blog SOÑANDO CUENTOS informannos de que O ClubKiriko   acaba de publicar unha selección de libros en formato pdf titulada: Ler a Ciencia , onde recolleron un conxunto de libros infantís e xuvenís informativos sobre ciencia.   O obxecto destas seleccións é contribuír á difusión dos libros para nenos en contextos variados e sobre todo, mostrar a potencialidade destes libros para contribuír á aficción dos nenos pola lectura. Así que se vos parece interesante, vos animamos a botarlle unha ollada a estas interesantes recomendacións de libros para traballar a ciencia co voso alumnado. Para descargar A GUIA DO documento, pica na seguinte imaxe:

OS PORQUÉS DA NATUREZA

Os Porqués da Natureza é unha revista dixital que trata de divulgar a ciencia nunha linguaxe apta para todos os públicos. Máis webs de Ciencia en Ciencia por un tubo (de ensaio). 108 webs e blogs de Ciencia Os seus creadores son 5 mozos do ámbito universitario andaluz que lograron implicar a máis de medio centenar de colaboradores para dar a coñecer os últimos achados científicos internacionais, con rigor pero dunha forma comprensible. Os seus obxectivos Que todos entendamos os porqués do mundo que nos rodea Sacar a ciencia das aulas e os laboratorios para levala á rúa Seccións Blog Dinosauros Especies insólitas Minerais Miniporqués Paisaxes Entrevistas Opinión Multimedia Enlaces En Twitter @PorquesNatura En Google + En Facebook FUENTE:  Crea y Aprende con Laura

COMICS CERVANTINOS

Os alumnos de 3º ESO , despois de estudar e comentar a obra de Cervantes tiveron que narrarnos mediante viñetas o argumento dalgunha Novela exemplar ou outra das obras máis coñecidas de este autor.    OS ALUMNOS/AS CREARON OS SEGUINTES:    LAS DOS DONCELLAS : NOELIA CEA  EL LICENCIADO VIDRIERA: SERGIO GOCE NOCHEBUENA EN EL AÑO 1867: HUGO PEREIRA  DON QUIJOTE DE LA MANCHA : MARIAN CENTENO

A IMPORTANCIA DO ALMORZO

Os días 3, 5 e 10 de febreiro desenvolveuse no noso colexio o programa “Almorzos saudables, a importancia do almorzo”, en colaboración coa Xefatura Territorial de Sanidade. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de primaria. Consistiu na realización dunha charla formativa e motivacional, que se complementou cunha parte práctica, o consumo dun almorzo saudable (Mediterráneo) elaborado previamente. Froitas, lácteos, aceite de oliva, pan, tomate,….foron  algúns dos alimentos que saborearon os nosos alumnos e alumnas. Tamén se traballou a saúde bucodental. Entre os obxectivos deste programa figuran que o alumnado estableza e/ou se afiance no hábito de almorzar. Que teñan en conta que a dieta sexa equilibrada e con variedade de alimentos de cara a cubrir as súas necesidades nutricionais. Que xeren actitudes e motivacións cara o coidado persoal que lles permita un desenvolvemento axeitado tanto no momento actual coma no futuro. Desde aquí agradecemos aos pais e nais a súa colaboració

FALO PORQUE QUERO: PENA DE MORTE

Sandra González-Besada de novo fálanos dun tema que ten a partes iguais defensores e detractores; a pena de morte . Que opinas ti?

A NOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO NÓS LEMOS, E TI?

Os alumnos/as de 4º, 5º 6º de Eucación primaria e 1º da ESO, participaron no concurso "NÓS LEMOS, E TÍ?", para iso tiveron que escoller un libro en galego, facerse un selfie e acompañalo dun breve texto explicando o motivo polo que escolleron ese libro. O resultado desta participación podedes velo no seguinte mural.

8 de marzo: MULLER, CIENCIA E AGRICULTURA II

A continuación podedes ver a interpretación que o alumnado de 4º de primaria fixo da conferencia impartida no centro o Día Internacional da Muller Traballadora:  Os alumnos/as de 1º e 2º de primaria sobre as profesións das mulleres da súa familia, e o resultado deste traballo foi o seguinte.

DÍA DOS NAMORADOS

Todos os anos o Equipo de Biblioteca organiza algunha actividade para celebrar o Día de San Valentín e desenvolver a capacidade de expresar amor a través da palabra. Parece doado pero cústanos, verdade?. Este ano deixastes as vosas cartas de amor para todos os que formamos parte deste Centro: alumnos, profesores, administración, cociñeiras, limpadoras... O venres 13 abristes as cartas que os nosos mensaxeiros do amor foron entregando por todos os cantos do cole. Todos recibimos unha flor de papiroflexia realizada por alumnos de 1º,2º,3º,4º (decorando a mesa ) e PDC. Que emocionante foi abrir as cartas para todos! Moitos de vós non tiñades mans para tantas. Un ano máis resultou unha actividade moi divertida e na que forzastes ao voso enxeño a poñerse a traballar, coa que os alumnos de Primaria cubriron un sobre (algo tan descoñecido para eles) e onde todos festexamos un día onde, fóra do interese comercial, se repartiu moito amor. Grazas a todos os alumnos que axudastes a que a acti

DEUSES E HORTO ESCOLAR

Esta semana oalumnado de 1º  de ESO estivo inmersos no mundo dos deuses e os personaxes mitolóxicos. Como traballo final crearon os seus propios para que poidan axudar cos seus atributos nas hortas do noso planeta. .

8 de marzo: MULLER, CIENCIA E AGRICULTURA

Un ano mais celebramos no CPI de Panxón, o día da Muller Traballadora e como non podía ser doutra maneira tratamos de relacionalo co proxecto deste curso "Da horta ao prato", polo que nos puxemos en contacto coa Misión biolóxica de galicia/CSIC, a resposta foi moi positiva e enviaron a dúas científicas para dar unha conferencia ao noso alumnado. Comezaron falando da importancia que a muller ten no mundo laboral e as dificultades que pode atopar para conciliar a vida familiar e laboral, despois fixeron unha pequena introducción na que nos presentaron a mulleres científicas na historia, como Sofhie Germán, Marie Curie, Lynn Margulis...etc e despois contaronnos en que consistía o seu traballo na Misión biolóxica: - Existen 5 departamentos.    1.-  Bioloxía de Agrosistemas    2.-   Bioquímica da vide    3.-  Xenética, mellora e bioquímica de brásicas    4.-  Xenética e ecoloxía forestal    5.- Xenética e mellora de maíz    6.-  Viticultura As dúas científicas Tamara e Rosaura

CONCURSO NÓS LEMOS, E TI?

"Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL , a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.  Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar. Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros. Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome