Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

EFERVESCIENCIA DA RADIO GALEGA NO CPI DE PANXÓN

Despois do día adicado ao entroido, de nove están os KaleidoLabs en Panxon. Hoxe ademais visitounos Manuel Vicente do programa Efervesciencia da Radio Galega. Estivo presenciando as Gravacións e entrevistou aos alumnos/as de 6º de EP que lles tocaba gravar e facer os Story-board que proximamente subiremos, estade atentos por que son unha pasada, propios de verdadeiros artistas.

PASARÚAS POR PANXÓN CO NOSO ENTROIDOMAR

Este ano adiantamos o entroido, ante o temor as inclemencias do tempo e a necesidade de asegurar o sol tan escaso este ano na nosa terra. O día marabilloso do que desfrutamos podedes velo na seguinte presentación. TAMÉN PODEDES LER E VER IMAXENES NO ESPAZO QUE A VOZ DE GALICIA ADICA AO NOSO ENTROIDO Insertar en Blog - collages ENTROIDOMAR 2014 - presentacion imagenes

MONTANDO O ENTROIDOMAR

 Ao longo deste mes entre as múltiples actividades que desenvolvemos no CPI de Panxón relacionadas co Proxecto "Nós SOMOS MAR", resaltamos a actividade do Entroido, mentres as familias co obradoiro de costura estiveron a facer disfraces, alumnado e profesorado en obradoiros de tarde e nas clases de Tecnoloxía e Plástica, construiron as carrozas e os decorados, destas destacamos un cabaliño de mar de 3 metros de altura e un pulpo articulado que casou sensación co seu movemento. MONTAXE entroido - foto montaje

ACCIÓN¡¡¡ Títeres, cámaras, e .....

A palabra máxica ACCIÓN comezou a escoitarse esta mañá no Salón de actos do CPI de Panxón, o alumnado de 3º de EP cos titeres realizados por eles mesmos foron os encargados das primeiras esceas do rodaxe. Toda una experiencia de aprendizaxe¡¡¡¡¡ Insertar en Blog - collages

OBRADOIRO DE FAMILIAS: DISFRACES ENTROIDO

As familias involucradas a fondo no proxecto¡¡¡¡ están a facer obradoiros de confección para a elaboración dos disfraces relacionados coa temática do proxecto.  1º ciclo de Primaria: Peixes 3º EP: Vieiras e Mexillóns 4º EP: Calamares 5º EP: Algas marinas 6º EP: Polvos Para conseguilo organizamos os obradoiros co seguinte horario. OBRADOIRO FAMILIAS - foto montaje

QUE VOS PARECE¡¡¡ SON VERDADEIROS ARTISTAS

" MAR NOVO" xa temos ao protagonista do corto TITERES VALORIZALAB on PhotoPeach

VOZ NATURA FALA DO NOSO PROXECTO "NÓS SOMOS MAR"

VOZ NATURA no seu Blog maestro adica unha entrada ao noso proxecto "NÓS SOMOS MAR" pola participación no programa do CSIC KaleidoLabs , co obxectivo de divulgar a ciencia mariña e dar a coñecer o traballo do Instituto de Investigacións Mariñas, IIM Vigo. A través de tres laboratorios: “Valoriz@Lab”, Dibu@Lab e Foto@Lab.

OBRADOIRO KALEIDOLABS : Elaboración do atrezzo para o corto

Dende o día 17 e ata o 26 de febreiro de 10 a 14 horas o alumnado de primaria atopase inmerso no proxecto "NÓS SOMOS MAR"< /span> traballando cos científicos do CSIC e o grupo co seu proxecto KaleidoLabs xunto con eles pretendemos achegar o medio mariño ao noso colectivo escolar mediante un curto no que os protagonistas sexan monicreques fabricados por eles mesmos a partir de rodas, rolos de tea, culleres, botellas ou tubos, este é uns dos obxectivos que ten o laboratorio "Valoriz@Lab" e no que participan os alumnos de 3º e 6º de primaria do colexio . Ademais colaborarán activamente en todos os procesos necesarios para realizar a peza audiovisual, co que unha vez finalizada a construción dos bonecos se procederá a elaborar o guión, o "story board" e ensinaráselles a manexar os monicreques para que sexan os alumnos os que os articulen durante a gravación. Ademais formularán posibilidades para manter un equilibrio ambiental, social e económico.  

NÓS SOMOS MAR E KaleidoLabs sae na PRENSA

Ao longo desta semana o centro ven saído na prensa pola súa participación no proxecto KaleidoLabs cos seguintes artículos. OS ESCOLARES D EPANXÓN TRANSFORMAN RESIDUOS MARIÑOS EN TÍTERES (A VOZ DE GALICIA) O CSISC BUSCA CANTEIRA NO CPI de PANXÓN (FARO DE VIGO) O MEDIO MARIÑO PROTAGONISTA NO CPI  de PANXÓN   (ATLÁNTICO) Valorizaaaaannnndoooo!!!! Seguimos dándolle valor aos materiais que chegan ás praias do Val Miñor cos Obradoiros do proxecto Kaleid@labs que organiza el IIM - CSIC no CPI¡¡¡¡ Mirade que construiron l@s de 6° coa axuda das monitoras de Babaluva! REDES DE BONGO LISTAS NOS APARELLOS DO BUQUE Diatomeas, cámara submarina, microscopio e ata un autoclave de vapor son algúns dos resultados da xornada d eonte 18 de febreiro. Que vos parecen?

QUE SE COCE HOXE NO KALEIDOLABS : Valoriz@lab

Hoxe están a traballar os alumnos/as d e 3º e 4º de Primaria, a súa tarefa consiste en construir con materiais de refugallo das praias, cabaliños grandes, medianos e pequenos, bebés minúculos, pingüins, polvos, chocos, Chip colar para cabaliño, Chip para marcar peixe, cangrexos, peixes variados, peixes moros con mal aspecto, larvas cefalópodo, bactrias boas e malas, ovos de galo.....etc. PARA ENDULZARVOS O DÍA, MIRADE QUE MARAVILLA DE POLVOS. Mañá mais¡¡¡¡¡¡¡

PARTICIPAMOS EN KALEIDOLABS

Estamos de enhoraboa, participamos neste fermoso proxecto¡¡ (dentro do proxecto "NOS SOMOS MAR"). Kaleidolabs é un proxecto coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía- Ministerio de Economía e Competitividade. O obxectivo do proxecto é acercar en tono didáctico e divulgativo o mundo mariño  e a investigación mariña a diversos públicos, a través da realización de varias actividades paralelas (Laboratorios) nos que as imáxenes, debuxos, títeres, música, xoguetes,…se converten en medios de divulgación. Iremos contando como imos desenvolvendo as actividades e obradoiros deste proxecto.

A VOZ DE PANXÓN: NOTICIAS DE XANEIRO

Xa saíu á luz a primeira publicación d a Voz de Panxón . Os xornalistas dannos a coñecer as noticias que atoparon e traballaron que versaban sobre o mar. O mal tempo trouxo, ademais da choiva, o   vento...moitas   das noticias deste mes. En febreiro espero que poidades informarme acerca dun mundo marítimo que non sexa noticia polos desastres que a súa bravura provoca cando un temporal o anoxa.

MIL BARQUIÑAS DE PAZ

Este ano celebramos o día da PAZ dunha maneira moi especial, os mestres/as leváronnos ao salón de actos e alí estaba "Palmira", unha rapaza de Sardiñeiro, unha vila mariñeira do concello de Fisterra rodeada de barquiñas, sentámonos en circulo e presentouse, díxonos que un día mirando pola ventá da súa casa veu o mar cheo de barquiñas e empezou a soñar con encher a praia do seu pobo de barquiñas de papel....." . Podedes ver en que consistíu a actividade na seguinte presentación. MIL BARQUIÑAS DE PAZ - presentacion imagenes Agora que xa vistes como disfrutamos, contovos como o fixemos:Primeiro Palmira ensinounos a facer unha barquiña de papel e leu un poema do libro: Patente de Corso do autor da Costa da Morte Rafa Villar .   Depois presentounos o conto "LA OLA" de Suzy Lee, o libro non ten texto porque sobran as palabras cando nos atopamos ante debuxos que falan por si solos, Palmira coa súa creatividade fixo que cada un de nós contruír