Despois do día adicado ao entroido, de nove están os KaleidoLabs en Panxon. Hoxe ademais visitounos Manuel Vicente do programa Efervesciencia da Radio Galega. Estivo presenciando as Gravacións e entrevistou aos alumnos/as de 6º de EP que lles tocaba gravar e facer os Story-board que proximamente subiremos, estade atentos por que son unha pasada, propios de verdadeiros artistas.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños

Comentarios
Publicar un comentario