miércoles, 20 de diciembre de 2017

BO NADAL

DEBERES DE NADAL

Chega o Nadal a mellor época para desfrutar, xogar, aprender, soñar.....e dende o Equipo de biblioteca queremos compartir con vos unha lista de deberes moi especial. Animámosvos a intentar facer alguns deles ou todos se é posible.

UN NADAL DE CINE

Rematamos o trimestre cun Nadal de cine, fixemos os carteis para anunciar as películas, os tickects, fichas detraballo para despois da película e non nos esquecimos de facer palomitas, que os nenos o día da sesión recolleron no carro que nos fixeron os alumnos de 4º na materia de Tecnoloxía.


Repartimos os Tickets polas clases e os mais pequenos tiveron que gañarse as súas estrelas para asistir ao Cine, co seu raballo e bo comportamento.
COMEZAMOS A SESIÓN



II CERTAME DE CARTAS AO APALPADOR

Un ano mais o Apalpador chegará as casas dos nenos/as do CPI de Panxón , pero antes de apalpar as súas barrigas veo polo colexio a apalpar os seus miolos.  Os alumnos/as de toda a etapa de primaria escribiron cartas contándolle os seus mellores desexos para este nadal e as deixaron no buzón que colocamos na pranta baixa.
 

VOTANDO AS CARTAS AO APALPADOR

SELECCIÓN DE CARTAS AO APALPADOR



viernes, 15 de diciembre de 2017

VI OPERACIÓN QUILO: ALIMENTOS POR LIBROS


"Un ano mais con motivo das festas de Nadal, realizamos a campaña de recollida de alimentos. Este curso como por segunda vez propuxemos que ao longo das semanas, entre o 25 de novembro e o 19 de decembro, cada familia que o desexe colaborase con algún quilo, litro, bolsa… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, …) a cambio de libros procedentes do expurgo e un marcapáxinas. Conseguimos mais de 400 QUILOS de solidariedade”

jueves, 14 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS NADAL

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras para este nadal, non vos esquezades de pedir algunha nas vosas cartas. Esperamos que vos gusten moitísimo.
BO NADAL¡¡¡¡¡¡