Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ciberbullying

Acoso escolar ou bullying

Onte, o alumnado de 5° e 6° de EP tivemos un obradoiro, levado a cabo pola Cruz Vermella sobre acoso escolar (bullying) e ciberacoso. Aprendemos moito sobre o tema, os diferentes factores e persoas que interveñen no bullying, concienciámonos da importancia que teñen o papel dos observadores no tema do acoso escolar.  Tamén tratamos o ciberacoso e os lugares onde poder acudir e pedir axuda, así como actuar no caso de sufrir ou presenciar situacións de acoso escolar.  Finalmente, púxose na hora de lecer, unha mesa para o alumnado de ESO onde podían facer consultas e aclarar dúbidas sobre esta temática.  Foi unha xornada de moitas aprendizaxes e reflexións. 
O alumnado da ESO o 25 de novembro, recibiu unha charla impartida por Arrate Emaldi Pereira, Psicóloga e Técnico en formación de Pantallas Amigas, na que se trataron os seguintes contidos prevención riscos Internet menores, uso seguro e responsable, riscos redes sociais, grooming, ciberbullying, privacidade...etc. Damos as grazas ao concello por facilitarnos a charla de Pantallas Amigas .