O cine levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Educación 3.0 recompilou cinco curtametraxes pensadas non só para traballar en clase, senón tamén na casa para educar en valores ao alumnado e que reflexione sobre diferentes temas como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo... 1. Cuerdas : O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que se recoñeceu recentemente co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados. 2. El vendedor de humo : Este curto animado formula diferentes cuestións arredor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias.. . 3. El hombre orquesta : A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama reco...