miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DE ROSALÍA 2019

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións, centros de ensino.
MANIFESTO DÍA DE ROSALÍA 2019 (Ana Romaní) 

viernes, 25 de enero de 2019

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O DÍA DA PAZ 2019

O vindeiro día 30 de Xaneiro, todos celebraremos o día da paz escolar. Durante estas semanas, tanto alumnos/as como profesores/as estaremos traballando este concepto, e aquí tedes algúnhas propostas de traballo.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA A PAZ: REFUXIADOS

X a tedes no corredor da planta de abaixo as lecturas para a PAZ, este ano cun recuncho especial sobre os REFUXIADOS. Tamén podedes desfrutar coas nosas recomendacións lectoras sobre esta temática.