Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

ESTADÍSTICAS MEIGA ENQUISAS

      ENQUISADE PRIMARIA       ENQUISA DE SECUNDARIA       ENQUISA HORA DE LER   

QUE LEMOS? 3º E 4º PRIMARIA

Os alumnos/as de 3º e 4º de primaria foron facendo un rexistro dos libros que leron ao longo do trimestre, na ficha de cada libro recolleron o título, escritor, ilustrador e editorial. Tamen detallaron algúns aspectos do libro que lle servirá para recordalo: os personaxes, o que sentiron, o que lles gustou, o que non lles gustou….ademais de realizar un debuxo relacionado coa historia que leron. Ao rematar cada trimestre fixemos un caderno por curso, co que tiveron un diario das lecturas realizadas ao longo dese trimestre

CÓNTAME UN CONTO 5º E 6º DE PRIMARIA

Esta actividade a iniciamos o curso pasado e os alumnos/as de 5º e 6º de primaria tiñan que facer un rexistro dos libros que leron ao longo de cada trimestre, na ficha de cada libro recollen  o título, escritor, ilustrador e editorial. Tamen detallan algúns aspectos do libro que lle servirá para recordalo: os personaxes, o que sentiron, o que lles gustou, o que non lles gustou….ademais de realizar un debuxo relacionado coa historia que leron. Ao rematar cada trimestre fixemos un caderno por curso, co que tiveron un diario das lecturas realizadas ao longo dese trimestre

GÚSTANOS LER 1º PRIMARIA

En 1º de Ed.Primaria, comezaron o segundo trimestre o proxecto GÚSTANOS LER iniciado o curso pasado en 2º primaria : - Montaron un mural cun gran cartel co nome do proxecto. - Colocaron no mural uns sobres e en cada un deles o nome dun alumno/a da clase - A medida que ían lendo libros, nunha ficha ao acabar  rexistraron a súa lectura e a meteron nun sobre que ten o seu nome - A mestre/a ao rematar comenta con cada un dos nenos a súa lectura. - Logo elixen outro libro e siguen lendo…de vez en cando a mestra deixa unha sorpresa nos sobres (caramelo, marcadores, goma…) a final de curso dámoslle a cada un un diploma para celebrar que son uns grandes lectores.

GUSANO LECTOR 2º PRIMARIA

Os alumnos/as de 2º de Primaria, continuaron este curso coa experiencia de lectura do Gusano lector, para que todos souberamos o que leron montaron un mural cun gusano por alumno/a, o gusano medrou a medida que os alumnos ian lendo mais libros. Todas as semanas a mestra baixaba a biblioteca e cada neno leva un libro, cando termina de lelo recolle nunha ficha o libro e o sentimento que lle produxo.