viernes, 27 de noviembre de 2020

TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Os artistas de 5º de Primaria conmemoraron o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller con estes magníficos debuxos 🎨

 

martes, 24 de noviembre de 2020

✋⛔CHARLA SECUNDARIA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO ✋⛔



    No marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, contaremos coa presenza virtual de Jean Costa, representante da delegación galega da Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE). 

    O alumnado de Secundaria terá a oportunidade de participar nunha charla- formativa orientada a previr situacións de abuso e violencia de xénero entre a poboación máis nova.






 
 

 

sábado, 21 de noviembre de 2020

viernes, 13 de noviembre de 2020

Outono musical e literario para as tardes dos venres

 


Esta tarde, todas e todos dende calquera lugar do mundo poderedes gozar deste #OutonoLiterarioeMusical dende o facebook de
LIBROS PARA SOÑAR
ás 18:00

Notiña: a actividade non esta aberta ao público só se poderá desfrutar nas redes sociais.




Queridas librarías, grazas!

 



    Hoxe celébrase o día das librarías e este ano máis que nunca queremos darvos as grazas pola vosa labor. Despois dunha experiencia como a vivida durante o Estado de Alarma, débese destacar a loita das librerías por manterse vivas e activas, dinamizando o tecido social, económico e cultural das súas contornas.


Dentro das celebracións deste día, cómpre destacar a presentación dunha páxina web que centralizará toda a información de actividades e propostas (www.diadelaslibrerias.es), así como a presentación ás persoas usuarias de todostuslibros. com ( TTL), a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio online ás súas prestacións de consulta bibliográfica, difusión cultural e interacción co usuario.


Grazas por todos estes anos ao noso lado, pola complicidade e por achegar a lectura a cada recuncho!



viernes, 6 de noviembre de 2020

O Samaín

A pasada semana celebramos o Samaín 👻👻. Desde a biblioteca, un ano máis, organizamos o certame Relatos de Terror. Así mesmo tentamos manter o sorriso cun concurso de Máscaras de Terror. 

Aquí tedes algunhas das máis terroríficas!