miércoles, 24 de febrero de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA



O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento dunha das nosas escritoras máis importantes e internacionais: Rosalía de Castro! 

Para celebrar esta data elaboraremos unha rosa cos versos de Rosalía. Aquí tedes o que necesitaredes: 






 

sábado, 20 de febrero de 2021

O ENTROIDO EN GALICIA E OS PELIQUEIROS DE 1ºESO


Os alumn@s de Secundaria investigaron sobre o Entroido en Galicia e elaboraron as súas propias máscaras de Peliqueiros













domingo, 14 de febrero de 2021

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA #NO MORE MATILDAS


 Un 11 de febreiro, alá polo século IV d.C, nacía Hipatia de Alexandría.  Matemática, astrónoma e filosófa pagana considerada por moitos a primeira muller científica da historia. 

A ONU escolleu a data do seu nacemento para celebrear o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co obxectivo de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.

O noso alumnado de Secundaria dedicou un día tan especial a coñecer o denominado efecto Matilda e reflexionar sobre o escaso coñecemento que temos sobre o papel da muller na ciencia e como paralo.




martes, 9 de febrero de 2021

DE ENTROIDO NO INSTAGRAM 🎭


Este ano é un Entroido especial; non sairemos de comparsa pola rúa pero si o faremos polo Instagram da biblioteca.

Para iso, enviaredes un vídeo ou unha foto (individual ou en grupo) na que mostredes os vosos disfraces de Entroido a lenguacpipanxon@gmail.com

Tedes desde hoxe ata o 17 de febreiro.

Haberá premio para o disfraz máis orixinal 🎭


sábado, 6 de febrero de 2021

💘 DÍA DOS NAMORADOS 💘

    Como sabedes o vindeiro 14 de febreiro celébrase o día dos namorados. Chega o momento de expresar a amizade, o cariño e o amor tan necesarios en tempos de pandemia.

Escribide unhas verbas a quen máis estimedes e deixádeas nos buzóns. Animádevos a participar!!!







martes, 2 de febrero de 2021

GAÑADOR@S CONCURSO MARCAPÁXINAS


 

Parabéns aos gañador@s 🎉👏!!!


Sabela Iglesias Fernández. 1º Primaria


  
Martín Chamorro Sanromán. 2ºA ESO