martes, 24 de octubre de 2017

SAMAÍN

 Galicia Meiga recolle nun vídeo unha pequena historia para explicarvos unhas pouquiñas cousas sobre o Samaín (o "Halloween" celta) decorada coa marabillosa voz de Alberto Feliz.

Fonte: Blog Lecturoliteraturo

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA

Ao longo deste mes de outubro desenvóvense diversas actividades nas bibliotecas co gallo da celebración do "Día da Biblioteca" o día 24.
"Como cada ano desde 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemoran o Día da Biblioteca en recordo á destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendidada en 1992 durante a Guerra dos Balcanes."
Fuente: http://rbgalicia.xunta.gal/es/actualidade/avisos/dia-de-la-biblioteca-2017
A continuación podedes coñecer as actividades que imos desenvolver durante estas semanas, como a apertura da nosa biblioteca escolar, primeiras reunión de axudantes.etc
A imaxe que axuntamos e o cartaz que, con motivo da conmemoración desta data nas Bibliotecas Escolares Galegas, publica o departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación de O.U.
"Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa."  Fonte: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1025
Esperamos a vosa participación en todas as actividades que imos a desenvolver¡¡¡¡


jueves, 19 de octubre de 2017

Fernando Aramburu, Premio Nacional de Narrativa por 'Patria'

Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959) obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2017, que convoca o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que está dotado con 20.000 euros, por Patria, unha "novela global" sobre "uns anos convulsos no País Vasco", segundo o fallo do xurado.
Aramburu, autor de Anos lentos ou El trompetista del Utopía, é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Zaragoza e desde 1985 reside en Alemania, onde impartiu clases de español.

IV CONCURSO RELATOS DE TERROR

Con motivo da celebración do SAMAÍN, 1 de novembro, o equipo de biblioteca convocou un ano mais o concurso de relatos de terror.

Tes de prazo ata o día 27 de outubro!!!

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!   HAI PREMIOS!!!!

AQUÍ TES AS BASES

lunes, 16 de octubre de 2017

Premio PLANETA 2017





Javier Sierra alzouse onte co LXVI Premio Planeta de novela co manuscrito "El fuego invisible", presentado co título provisional de La montaña artificial baixo o pseudónimo de Vitoria Goodman. "Quero dedicar esta novela aos compañeiros escritores", afirmou emocionado polo "momento impresionante" xa que "se trata da palabra onde reside a forza creativa da nosa civilización". "É no uso da palabra onde está a orixe da bondade e da maldade, ese é o lume invisible que temos todos no noso interior", explicou o autor en relación á súa novela. En concreto, a trama apunta á orixe dunha palabra "que cambiou o destino de Europa no século XII": "Esa palabra é Grial".
A escritora madrileña Cristina López Barrio quedou finalista con "Niebla en Tánger", novela presentada como La nueva vida de Penélope tras o pseudónimo de Bella Linardi e quixo dedicar o premio aos lectores e, sobre todo, aos libreiros "polo seu magnífico labor". "Esta é unha novela que fala da creación literaria como arma perigosa e á vez como fonte de sanación".

viernes, 6 de octubre de 2017

RECOMENDACIÓN FIN DE SEMANA

 TÍTULO: 18
AUTOR: F.M. ESPINOSA
EDITORIAL: ALFAGURAEste mes publícase esta novela xuvenil que conta a historia de seis personaxes cunha dato en común: todos cumpren 18 anos o mesmo día.
Francesca sente algo por Warren, o cínico noivo da súa amiga Kali. Oliver ten problemas graves de autoestima, Hugo está lonxe de casa, Emma cre que lle gustan as mozas... e isto só é o principio.
No medio deste desenfreo de emocións, de relacións e desenganos descubrirán que ao final o que prevalece é estar unidos.
#18SoloSeViveUnaVez
 https://www.megustaleer.com

Premio Nobel de Literatura 2017

O escritor británico Kazuo Ishiguro, foi galardoado este xoves co Premio Nobel de Literatura 2017.
Nacido o 8 de novembro de 1954 en Nagasaki (Xapón), Kazuo Ishiguro trasladouse aos cinco anos coa súa familia a Surrey, Inglaterra, onde ao seu pai ofrecéronlle un traballo como oceanógrafo. A súa porta de entrada á lectura foron as aventuras do británico Sherlock Holmes, que lía de neno na biblioteca local. Estudou literatura inglesa e filosofía na universidade de Kent.
Escritor audaz e meticuloso, é autor de sete novelas, que escribe en inglés, todas publicadas en español por Anagrama. A última, O xigante enterrado, explora tamén, nesta ocasión desde o xénero fantástico, como a memoria se relaciona co esquecemento, a historia co presente e a ficción coa realidade. Tamén asinou libros de relatos e guións de cinema e televisión. Admirador de Dylan, o seu predecesor na lista dos Nobel, toca a guitarra e escribiu letras para o cantante de jazz Stacey Kent.
 

miércoles, 4 de octubre de 2017

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil: ANTONIO GARCÍA TELJEIRO

O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar.  
Poemar o mar pecha a triloxía do mar de Antonio García Teijeiro , da que forman parte ademais Palabras do mar, editado por Embora, e En la cuna del mar, editado por Creotz ediciones, Publicado en Xerais, na súa colección Merlín e destinado a partir de lectores autónomos, este mar de García Teijeiro ronca, molla cos poemas, ten trenzas, anda murcho, chora por dentro e cala por fóra...nese xogo poético inundado de lirismo.
As fermosas ilustracións son de Xan López Domínguez.
Moitos parabéns a García Teijeiro por este recoñecemento.


lunes, 2 de octubre de 2017

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA 2017-18

No mes de outubro Espazo Lectura comeza unha nova tempada de actividades de fomento do libro e a lectura que agardamos que, malia os cambios que experimentarán as actividades, sexa tan intensa, emocionante e motivadora coma as anteriores.
Na imaxe ofrecemos o calendario completo de actividades do mes de outubro, agás a de Contos en Cueiros, que se celebrará o último venres de mes e será anunciada coma sempre o luns anterior. Os principais cambios son que a actividade do Contomar segue suspendida e que as sesións dos diferentes clubs de lectura se trasladadas da Biblioteca Municipal á Casa da Lectura (Nogueira, 8 -Donas).