Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

DESFILE ENTROIDO 2015

Xa temos todas as fotos do desfile¡¡¡¡¡ Nelas podedes ver as nosas carrozas, onde aparecen representadas de maneira maxistral, os horreos galegos, unha horta cun gran espantallo que non era outro que o noso primeiro logo "o Panxeolo" reconvertido en espantallo e un bosque no que as flores xiran, as leitugas móvense, un coello aparece e desaparece... e todo gracias aos automatismos que puxeron en práctica os alumnos e alumnas na materia de Tecnoloxía. Cada clase foi disfrazada dunha froita ou verdura da nosa horta, así no noso desfile había berenxenas, tomates, cebolas, allos, guisantes, leitugas, zanahorias e tamén como non podía ser menos animais relacionados coa horta, cabalos, ovellas, vacas, ......... Dende aquí queremos dar as grazas ao equipo de profesorado pola súa dedicación fora da súa xornada de traballo á preparación deste maravilloso día, ao alumnado que non dubidou en colaborar co profesorado e as familias que no obradoiro de disfraces traballaron durante semana

ENTROIDO 2015: PREPARACIÓN

Como non podía ser de outra maneira, a nosa festa de entroido tiña que estar relacionada co noso proxecto "DA HORTA AO PRATO" aquí podedes ver os preparativos desta gran festa, na aula de Tecnoloxía alumnado e profesorado traballaron sen parar dende xaneiro para poder realizar o desfile que temos previsto para o día 12 de febreiro.    pastora Astray de Slidely by Slidely Slideshow

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ III -PanxónNobel (PRIMARIA)

No salón de actos o día 30 de xaneiro fixemos entrega dos PanxonNobel. o alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria foron os encargados de facer a presentación e para iso tiveron que:            - Investiga r na biblioteca sobre Alfred Nobel          - Investigar sobre 6 Premios Nobeis españois e facer unha presentación destes no salón de actos          - PanxónNobel: Cada clase de primaria tivo que propoñer a un compañeiro/a que merecera obter O PanxónNobel da Paz. O obxectivo foi que os nosos alumnos/as recoñeceran que a paz está nas nosas mans e que todos/as podemos contribuír cos nosos xestos e actitudes a que iso sexa posible. Entrega dos PanxónNobel da paz Os alumnos/as premiados/as co PanxónNobel da PAZ 2015 foron: 1º de Educación Primaria: HECTOR CHAMORRO COSTAS 2º de Educación Primaria: MARTINA DACOSTA JESÚS 3º de Educación Primaria: ERIKA CEA FERNÁNDEZ 4º de Educación Primaria:YOHANA FIGUEROA CAMESELLA 5º de Educación Primaria:MÍGUEL MELÓN CABRAL 6º d

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ II (PRIMARIA)

PRIMARIA Ao lango da semana todos os cursos de Educación Primaria estiveron traballando arreo para a celebración do día da PAZ, que rematamos cun acto de celebración no salón de actos o día 30 de xaneiro. 1º de EP Os alumnos/as de 1º ensaiaron durante a semana para facernos un recital de poesías sobre a PAZ, destas desfrutamos o venres no salon de actos toda a etapa de Primaria. A poesía que recitaron foi a seguinte: Un branco e pequeño barco  Con bandeiras de cores  Foise a percorrer os mares  Cargado con lindas flores. É un barco de papel  Como di a canción  Pero é lindo e tan alegre  Que conmove o corazón.  Por cada porto do mundo  Xa o vemos avanzar  Deixanos sempre unha mensaxe  “En paz queremos danzar” Na seguintes fotos podedes velos recitándoa: 2º de EP Os alumnos e alumnas de 2º realizaron acrósticos  coas seguintes palabras: Libertade,amor, alegría, amistade , luz, amigo, felicidade, solidariedade, carió, pomba. O resultado do

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

  EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: O VENRES, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz, e a secuencia de actividade que realizamos no centro foi a seguinte. VALORES DE PAZ E XUSTIZA SOCIAL: TOLERANCIA vs. FANATISMO : Atopámonos nun nomento social no que cada día aumentan os comportamentos intransixentes e intolerantes dende o mundo das relixións ata o do fútbol. Aproveitamos na ESO a conmemoración deste día da PAZ (DENIP) para tratar destes valores.  - Reflexionaron e afondaron na definición dos conceptos TOLERANCIA/FANATISMO - Visualizaron os seguintes vídeos, que lles axudaron a comprender mellor o obxectivo que nos propoñiamos. FUENTE: entrepasillos y aulas PRIMARIA   2º PRIMARIA ACRÓSTICOS POLA PAZ  PANXÓNNOBEL

VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVAS TECNOLOXÍAS: INTERNET SEGURO

O Día Internacional de Internet Seguro 2015 celebrarase o próximo 10 de Febreiro. É un evento que ten lugar cada ano no mes de febreiro, co obxectivo de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e novos. No CPI de Panxón non podiamos esquecer que as redes sociais, seguidas a certa distancia dos xogos online multixogador, son o novo contexto relacional online dos adolescentes polo que prohibir o seu uso é unha equivocación . Tamén é un erro mirar cara a outro lado, pensar que non existen certos riscos ou que non se pode facer nada para evitalos. Consideramos que dende os centros temos que poñer os medios para que os nenos e nenas fagan un uso Seguro e saudable de Internet. Así o alumnado da ESO onte 3 de febreiro, recibiu unha charla impartida por Miren Tardáguila matilla, Psicóloga e Técnico en formación de Pantallas Amigas, na que se trataron os seguintes contidos prevención riscos Internet menores, uso seguro e r

LECTURA COMPARTIDA: ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE COOPERATIVO

Fuente: creaconlaura Esta guía ofrece unhas pautas sobre como debe levarse a cabo a lectura compartida para iniciar a todos aqueles bibliotecarios e persoas interesadas que queiran crear un club de lectura, e permitir a posta en común de coñecementos e experiencias que permiten xestionar un club de lectura. A guía ofrece información que vai dende a creación do club, ata unha guía de actividades recomendadas, pasando por útiles consellos acerca de como planificar e coordinar os diferentes aspectos que conforman un club de lectura. "Pautas de lectura compartida: planificación, creación y desarrollo de un Club de Lectura" , elaborada pola Asociación "El Libro de los Clubes" Lectura Compartida from guestf82c87