Ir al contenido principal

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ II (PRIMARIA)

PRIMARIA

Ao lango da semana todos os cursos de Educación Primaria estiveron traballando arreo para a celebración do día da PAZ, que rematamos cun acto de celebración no salón de actos o día 30 de xaneiro.

1º de EP

Os alumnos/as de 1º ensaiaron durante a semana para facernos un recital de poesías sobre a PAZ, destas desfrutamos o venres no salon de actos toda a etapa de Primaria. A poesía que recitaron foi a seguinte:
Un branco e pequeño barco 
Con bandeiras de cores 
Foise a percorrer os mares 
Cargado con lindas flores.
É un barco de papel 
Como di a canción 
Pero é lindo e tan alegre 
Que conmove o corazón. 
Por cada porto do mundo 
Xa o vemos avanzar 
Deixanos sempre unha mensaxe 
“En paz queremos danzar”

Na seguintes fotos podedes velos recitándoa:



2º de EP

Os alumnos e alumnas de 2º realizaron acrósticos  coas seguintes palabras: Libertade,amor, alegría, amistade , luz, amigo, felicidade, solidariedade, carió, pomba.
O resultado do seu traballo podedes velo no seguinte libro dixital: 



 3º e 4º de EP
Os alumnos de 3º e 4º foron os encargados de construir o noso árbore da paz, a árbore rechearono de pombas e caramelos de PAZ, todas tiñan unha mensaxe. (utilizamos a estructura da árbore de nadal que xa forma parte da vida do noso centro). Mirade o ven que lles quedou.




5º e 6º de ·EP
O alumnado de 5º e 6º de EP, explicaronos de maneira creativa, que é para eles a PAZ?,  con todas as súas opinións  elaboramos un libro dixital.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏