Ir al contenido principal

VIOLENCIA DE XÉNERO E NOVAS TECNOLOXÍAS: INTERNET SEGURO

O Día Internacional de Internet Seguro 2015 celebrarase o próximo 10 de Febreiro. É un evento que ten lugar cada ano no mes de febreiro, co obxectivo de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e novos.

No CPI de Panxón non podiamos esquecer que as redes sociais, seguidas a certa distancia dos xogos online multixogador, son o novo contexto relacional online dos adolescentes polo que prohibir o seu uso é unha equivocación . Tamén é un erro mirar cara a outro lado, pensar que non existen certos riscos ou que non se pode facer nada para evitalos. Consideramos que dende os centros temos que poñer os medios para que os nenos e nenas fagan un uso Seguro e saudable de Internet.
Así o alumnado da ESO onte 3 de febreiro, recibiu unha charla impartida por Miren Tardáguila matilla, Psicóloga e Técnico en formación de Pantallas Amigas, na que se trataron os seguintes contidos prevención riscos Internet menores, uso seguro e responsable, riscos redes sociais, grooming, ciberbullying, privacidade...etc. Damos as grazas ao concello por facilitarnos a charla de Pantallas Amigas.




Enlaces:
Máis información na web Chavales.
Safer Internet Day Website.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

14 de xuño. Día Mundial do Doante

  No día de onte, conmemorábase o Día Mundial do Doante, e o noso centro foi partícipe deste evento  xa que cúmprense 30 anos da creación da Axencia de Doazón de Órganos e sangue. Fai uns meses atrás participábamos na campaña de doazón varios alumnos e alumnas do noso centro xunto coas súas mestras. Velaquí os deixamos unhas fotiños do evento de onte: