Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

MURAIS ROSALÍA DE CASTRO

Do XIX ao XXI: LIBRE O MEU PENSAMENTO! TEATRO

Despois de repasar a figura literaria de Rosalía de Castro e elaborar as pancartas cos textos traballados, O GRUPO DE TEATRO da ESO procedeu a súa teatralización como reivindicación social, que foi gravada en video e fotografiada.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: AGASALLO DE FLORES

Un grupo de alumnos da ESO traballou arreo para facer flores en cartolina coas que agasallaron no día de Rosalía aos compañeiros/as e profesorado.

Do XIX ao XXI: LIBRE O MEU PENSAMENTO! PANCARTAS

Ao igual que en anos anteriores nesta semana adicada a Rosalía de Castro, seguemos as indicacións e propostas por AELG no día de Rosalía de Castro 2019. O lema da proposta, Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento! , o desenvolvimos a través de actividades que permititon aos nosos alumnos/as reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro. No centro fixemos un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dan conta da pluralidade significativa da súa obra. Nos diferentes actos realizados dimos lecturas a Mani-FESTA-acción simbólica arredor de versos escollidos a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2019, elaborado pola escritora Ana Romaní, unindo unha Inxustiza cun Verso de Rosalía de Castro. A partir de aí o alumnado da ESO elaborou pancartas nas que escribiron o textos antes traballados e o resultado foi o seguinte.

GUÍA DE LECTURAS DE ROSALÍA DE CASTRO

DIA DE ROSALIA DE CASTRO: UXÍA SENLLE "ROSALÍA PEQUENIÑA"

Este ano no homenaxe que dende a biblioteca facemos a Rosalia de Castro contamos o día 18 de febreiro co actuación de Uxia Senlle. A cantante mosense subiu ao escenario do CPI Arquitecto Palacios, en compañía do guitarrista brasileño Sérgio Tannus e coa acordeón Santi Cribeiro, para desenvolver o espectáculo infantil Rosalía pequeniña . Interpretaron textos musicados con melodías pegadizas, variadas e actuais, e todas as comunidades alí reunidas cantamos as cancións que, con textos de Rosalía de Castro, tomaron formas actuais, de rock o blues, pero también tradicionais. A actuación asistiton tamén O CEIP Mallón, EEI As Dunas, CEIP Camos, CEE de Panxón e  CEIP Humberto Juanes. Os alumnos/as de Informática, fixeron este cartaz para anunciar as actividades, moitísimas grazas. E......SAÍMOS NA PRENSA: VALMIÑOR,   VALMIÑORTV ,  FARO DE VIGO ,

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO : 24 DE FEBREIRO II

A demais da actuación de Uxia Senlle, ese mesmo día desfrutamos coa lectura do Manifesto de Ana Romaní, poemas do alumnado de Primaria, exposición de libros sobre Rosalía, exposición de Pancartas cos seus versos e un pequena obra teatralizada dun poema de Rosalia tal e como propón a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.  Os alumnos/as de Informática, fixeron este cartaz para anunciar as actividades, moitísimas grazas.  

PANXÓNNAMORATE: CARTAS DE AMOR E AMIZADE

Un ano mais celebramos no centro o Día do amor e amizade, unha das iniciativas mais motivantes para o alumnado. Con esta actividade pretendemos mellorar a competencia linguistica do noso alumnado e un ano mais foi un éxito de participación. Todos os alumnos/as escribiron cartas aos membros da comunidade educativa que elexiron, podían ser compañeiros/as, profesorado ou outro persoal do centro. A biblioteca creou un buzón especial para a actividade, onde deberían depositar as súas cartas. Por outra banda como agasallo para todo o alumnado e profesorado o equipo de voluntarios de biblioteca, fixeron un obradoiro de galletas con forma de corazón que entregaron o día 14 xunto coas cartas ao alumnado.

DÍA DO AMOR E A AMIZADE: ACTUACIÓN ESPECIAL GRUPO DE FLAUTAS E BALLET

O grupo de flautas do colexio agasallounos neste día do amor e a amizade cunha actuación especial, interpretaron as seguintes cancións e sorprenderonnos coa actuación especial de ballet das alumnas  Reyes e Rebeca Fernández Pedrosa. Moitas gracias a todos/as.

AMOR E LECTURAS 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DO AMOR E AMIZADE 2019

OBRADOIRO DE GALLETAS DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Un grupo de alumnos/as de 2º de ESO xunto coa profesora Concha Vilar fixeron un obradoiro de galletas. As galletas eran de nata con forma de corazón e repartironas o día do amor e amizade a todos os profesores/as, alumnado e persoal de servicio o día 14 de febreiro coa entrega das cartas de amor e amizade.

CARREIRA SOLIDARIA

O día 30 de xaneiro celebramos no centro a IX Carreira solidaria (como cada ano esta carreira é organizada polo noso centro  e participaron centros da zona (CEIP de Camos, EEI “As Dunas”, CEE Panxón e CEE Juan María). Temos que dar as grazas ao Concello xa que este ano puxo a disposición dos centros oa autobuses para o traslado dos alumnos/as.. O acto da Carreira consistiu en: Lectura do manifesto a cargo de dúas alumnas de 2º de ESO, interpretación musical do grupo de flautas do CPI,e Interpretacion da canción: Donne-moi ta main” de Claudio Capeo polo grupo de alumnos/as franceses  de intercambio no noso centro (ECOLE LA PROVIDENCE de FECAMP).