Ir al contenido principal

PANXÓNNAMORATE: CARTAS DE AMOR E AMIZADE

Un ano mais celebramos no centro o Día do amor e amizade, unha das iniciativas mais motivantes para o alumnado. Con esta actividade pretendemos mellorar a competencia linguistica do noso alumnado e un ano mais foi un éxito de participación. Todos os alumnos/as escribiron cartas aos membros da comunidade educativa que elexiron, podían ser compañeiros/as, profesorado ou outro persoal do centro. A biblioteca creou un buzón especial para a actividade, onde deberían depositar as súas cartas.
Por outra banda como agasallo para todo o alumnado e profesorado o equipo de voluntarios de biblioteca, fixeron un obradoiro de galletas con forma de corazón que entregaron o día 14 xunto coas cartas ao alumnado.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!