O día 30 de xaneiro celebramos no centro a IX Carreira solidaria (como cada ano esta carreira é organizada polo noso centro e participaron centros da zona (CEIP de Camos, EEI “As Dunas”, CEE Panxón e CEE Juan María). Temos que dar as grazas ao Concello xa que este ano puxo a disposición dos centros oa autobuses para o traslado dos alumnos/as.. O acto da Carreira consistiu en: Lectura do manifesto a cargo de dúas alumnas de 2º de ESO, interpretación musical do grupo de flautas do CPI,e
Interpretacion da canción: Donne-moi ta main” de Claudio Capeo polo grupo de alumnos/as franceses de intercambio no noso centro (ECOLE LA PROVIDENCE de FECAMP).
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños







Comentarios
Publicar un comentario