Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

DEZ RECURSOS SOBRE CERVANTES

Miguel de Cervantes, considerado universalmente o creador da novela moderna, e expoñente do Siglo de Ouro español, está de actualidade porque este ano conmemorase o cuarto centenario da súa morte e, incluso, por atopar parte dos seus restos na iglesia das Trinitarias de Madrid. Sen embargo, máis alá do misterio da súa tumba, o seu legado literario está á vista de todos: a sua obra maestra, O Quixote, cuxa segunda parte tamén cumpre 400 anos , sumanse outras novelas, teatro e poesía. A continuación poñemos a vosa disposición dez recursos dixitais para que descubrades a vida e a relevancia literaria de Cervantescoa axuda das novas tecnoloxías.     DEZ RECURSOS SOBRE CERVANTES   As seguintes propostas repasan a biografía de Cervantes, as súas obras e a súa importancia no desenvovemento da literatura moderna. 1. As obras de Cervantes, online . A web do Proxecto Gutenberg recopila versións en multitude de idiomas de varios libros cervantinos. Nesta web tamén as atoparas en c

CERVANTES NO UNIVERSO

O noso xenial escritor e os personaxes principais da súa obra mais recoñecida "O Quixote", xa se atopan no espazo. A proposta "Estrela Cervantes? competía con outras seis opcións de diversos países (Portugal, Italia, Colombia e Xapón) para renombrar o sistema planetario μ (lido mu) Arae, situado a 49,8 anos luz de distancia na constelación Ara (o altar). Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea, dan nome aos catro planetas que a rodean.

A AVENTURA DE LER O QUIXOTE

Outro ano máis chega o 23 de abril e a conmemoración do Día do Libro. Como homenaxe ao principal protagonista desta celebración, ocuparémonos da obra máis famosa de Cervantes. Se hai unha novela que case todo o mundo di ler, esta é O Enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha, a verdade é que o merece. Ademais é un libro que nunca se termina de ler, xa que debería de ser, pola súa riqueza e o pracer que proporciona a súa lectura, un libro de cabeceira. Ademais como veremos hai tantas adaptacións, que permiten o achegamento ao orixinal desde calquera idade e condición. Na Biblioteca Nacional, hai unha exposición de edicións do Quixote de diferentes países que son dignas de destacar. Aquí facilitamos o ligazón Don quixote da Mancha, catro séculos de tolemia e ilusión Pero hoxe, centrarémonos nalgunhas destas edicións (por fortuna o seu elevado número faría  moi prolija esta reseña) que poden servir de entrada para os máis pequenos, á lectura desta magna obra.   A editorial Anaya, presé

REPRESENTACIÓN

Como xa sabedes, estamos a preparar todas as actividades que se mostrarán na celebración do Día do libro 2016. Unha delas consiste na preparación e posterior representación dunha das Novelas exemplares de Cervantes: "El juez de los divorcios", por alumnos de 4º e 3º ESO. O reparto xa está feito e os actores e colaboradores serán os seguintes: Presentación : Andrea e Marián  Aprobación: Noelia  Narradora: Antía (escena primeira), Mario (escena segunda) e Alba (escena terceira)  Voces off: Mencía, Nerea Esmerode  Xuíz: Hugo Escribano: Brais Fernández Procurador: Adrián  Mariana: Ana  ¡Vejete. Sergio Dna. Guiomar: Nerea Corbal Soldado: Nahuel Aldonza. Patri Cirurxián: Alfonso Ganapán:Alberto Músico: Patri Outros músicos: o resto Déixovos a obra para que vaiades lendo os vosos papeis e a ligazón ao que sempre podedes recorrer para ler calquera das obras de Cervantes.

IMOS LER A CERVANTES

A Don Quixote secóuselle a sesera de tanto ler libros de cabalería. Nós imos experimentar con iso e ,agora, nós seremos os protagonistas dunha aventura similar.  Xa todos coñecemos o argumento desta obra maxistral de Cervantes, pero poucos vos achegastes o suficiente ás súas páxinas. Para solucionar este problemiña e para render unha merecida homenaxe ao autor, imos ler os primeiros capítulos deste libro. Farémolo por cursos e por orde de lista, de tal maneira que, tras a gravación do noso particular vídeo de lectura, don Quixote deixará de ser un descoñecido e pasará a formar parte dos nosos personaxes de ficción preferidos.  Moito ten que ver convosco (a súa tolemia, as súas ganas de aventuras, a súa ousadía...) pero tamén descubriredes a súa bondade e valentía á hora de enfrontarse ás dificultades. É hora de que aprendades da cordura de Sancho, que vos divertades coa inxenuidade de Don Quixote e seades capaces de fuxir mezquindade dalgún dos personaxes cos que se topan no seu

400

Quizais te animes cun grafiti ? Seguro que che atopamos un lugar especial no muro do cole.

400

Algúns de vós sodes aficionados ao hip hop e atopamos unha actividade que seguro que vos inspira e que poderedes ter en conta á hora de escoller o voso traballo sobre Cervantes. O universo de Cervantes acercase ao hip hop Chuty y Arkano, a batalla de galos en honor a Cervantes

400

Hoxe imos empezar cunha liña do tempo da vida de Cervantes. Sabes pouco ou moito deste autor? Se lle botas unha ollada á ligazón que che engado na imaxe, descubrirás moito del.  

400

Xa é hora de que empecemos a traballar para conmemorar os 400 anos da morte de Cervantes e do seu coetáneo inglés, Shakespeare. Unha celebración que merece un esforzo especial pola vosa banda. Xa que son dúas das figuras mais importantes da literaturas e por iso o festexo tamén o debe ser. Ata o día 19 de abril deberedes estrujar a vosa seseira, sen que se vos seque como a de Don Quixote, e entregar a mestra de lingua castela na ESO e aos titores en primaria un traballo que verse ou que vos inspire algún destes dous escritores universais.  Poñede a traballar á imaxinación, escollede o tema , seleccionar o tipo de traballo tendo en contas os vosos gustos e destrezas. Podedes versionar cancións, esculpir, pintar, modelar, compoñer, tecer...todo está permitido. Estrutura, organiza o teu traballo, investiga se a información dada en clase non che resulta suficiente e divírtete creando a túa particular homenaxe a Cervantes ou a Shakespeare.  Podedes entregar os traballos antes da da

ESPAZO LECTURA MARZO 2016